Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O centro pretende desenvolver a capacidade investigadora do sector primario

O Centro Tecnolóxico Lácteo nace co fin de evitar que Galicia deixe escapar o valor da súa produción leiteira

Institucional 16/02/2009
  Envía a túa opinión

Galicia é unha potencia na produción leiteira, pero a maior parte do valor engadido do sector vai para fóra das fronteiras da comunidade. Para solucionar esta eiva nace o Centro Tecnolóxico Lácteo, posto en marcha polas Consellarías de Innovación e Industria e do Medio Rural, as universidades de Santiago e Vigo e dez das principais empresas do sector. O programa Onda Rural coñeceu este proxecto a través dunha conversa co director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, Gonzalo Flores.


A cotitularidade é unha reivindicación histórica

O Sindicato Labrego pide cambios na lei para garantir a cotitularidade das explotacións agrogandeiras

Sociedade 13/02/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego esíxelle ao Estado cambio normativos para garantir a titularidade compartida real. Este asunto, a igualdade entre homes e muller nas explotacións agrícolas e gandeiras, foi dos que tratados no Onda Rural do 13 de febreiro. No programa fíxose tamén oco para apuntar unha nova cita gastronómica: a Feira do Grelo do Val de Xestoso, que se celebra este domingo en Monfero.


Suárez Canal participou no encontro da FAO

A FAO difunde o modelo de xestión do Banco de Terras de Galicia para aplicar noutras zonas de Europa

Sociedade 12/02/2009
  Envía a túa opinión

O sétimo encontro da FAO sobre tenencia de terra e concentración parcelaria congregou en Galicia a responsables de 20 países co obxectivo de expoñer o modelo de xestión rural de Galicia. En concreto, explicouse o funcionamento do Banco de Terras, das Unidades de Xestión Forestal e da nova Lei de Reforma das Estruturas Agrarias que suscitaran interese por parte dalgúns gobernos na anterior edición deste seminario celebrado en Praga. Con esta nova arrincou o programa Onda Rural emitido o 12 de febreiro, un espazo que tamén se achegou á Feira do Butelo da Fonsagrada. 

 

 


Adega organiza unhas xornadas para recuperar os hábitats dos anfibios

Sociedade 11/02/2009
  Envía a túa opinión

O proxecto Os Pozos de Castieixas, situados no concello de Montederramo (Ourense), desenvolve esta fin de semana, 14 e 15 de febreiro, as III xornadas de voluntariado ambiental, que daban comezo o pasado verán. A actuación desenvolverase nunha finca particular, cunha extensión de 1,3 Ha, cedida en custodia co obxectivo de recuperar os pozos da zona, sinxelas construcións que almacenan auga para regar os eidos e que supoñen un hábitat idóneo para moitas especies como son os anfibios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros