Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín

Ferrín dimite

Cultura 25/02/2013
  Envía a túa opinión

O presidente da Real Academia Galega Xosé Luis Méndez Ferrín petou hoxe enriba da mesa. Anunciou a súa demisión e o seu inmimente abandono da institución da Rúa Tabernas da Coruña. A decisión coincidiu coas acusacións do secretario da Academia Xosé Luis Axeitos, quen manifestou que un sector do Instituto da Lingua Galega e do Consello da Cultura Galega querían colonizar a Academia.

 

 


Serafín Moralejo foi unha eminencia mundial no estudo da Arte Medieval.

Simposio en memoria de Serafín Moralejo

Sociedade 21/02/2013
  Envía a túa opinión

“Novos camiños para o estudo da cultura e a arte”. Un simposio en memoria do profesor Serafín Moralejo, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e Zóbel de Ayala Professor da Universidade de Harvard, desenvolverase en sesións de mañá e tarde o venres 22 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela, organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). Serafín Moralejo (1945-2011) foi unha figura clave da cultura galega das últimas décadas. Serafín Moralejo faleceu no pasado mes de agosto. Padecía desde babía anos a enfermedade de Alzheimer que o tiña apartado da actividade docente e investigadora.


Unha das imaxes promocionais do espectáculo

Lomba e Manquiña presentan Música Lixeira

Sociedade 21/02/2013
  Envía a túa opinión

Tony Lomba e Manuel Manquiña uníronse nun espectáculo musical para (re)inventar o underground elegante e convidarnos a viaxar á España dos setenta, un país namorado das suecas, de Benidorm e da música melódica.
A banda sonora de MÚSICA LIXEIRA está composta por cancións que xa son eternas e que marcaron a toda unha xeración. De Sam Cooke a Nino Bravo e das Veigas a Benidorm. Pero este é tamén un musical con argumento e personaxes. Unha historia de éxitos e fracasos que será narrada co estilo iconoclasta e salvaxe de Manuel Manquiña.


Os Príncipes de Asturias entregan o premio do director da editorial galega

Kalandraka recibe o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial

Sociedade 20/02/2013
  Envía a túa opinión

Representantes de Kalandraka asistiron ao acto institucional celebrado no Palacio de El Pardo con motivo da entrega dos Premios Nacionais de Cultura 2011 e 2012. A Princesa de Asturias entregoulle a Xosé Ballesteros o diploma que acredita a Kalandraka como gañadora do Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros