Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Sala de vis a vis na prisión da Coruña

O cine na prisión da Coruña

Sociedade 03/06/2010
  Envía a túa opinión

"Desde o primeiro momento pensamos que o antigo cárcere debería ser a nosa sede", explicou en Radiofusiòn o director do S8 I Festival de Cinema Periférico, Ángel Rueda. A mostra, que se desenvolverá desde hoxe até o domingo, pretende “devolver á cidadanía un espazo de gran importancia histórica”. Porén, os organizadores do evento non só pretenden recuperar un lugar, senón tamén un xeito “romántico” de entender a sétima arte. “Resulta moi especial volver escoitar ao son do proxecto”, salienta Rueda.


Fotografía: Europa Press

Galicia solidaria con Palestina

Sociedade 01/06/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Concentracións en solidaridade con Palestina desenvolveránse esta tarde en Santiago, A Coruña e Ferrol. Diferentes entidades queren manifestar a súa repulsa polo ataque israelí á flota de axuda humanitaria que se dirixia á franxa de Gaza. As protestas realizaránse ás 8 da tarde na Praza do Toural, Obelisco e diante do edificio da Xunta de Galicia ferrolán.

 


Ugia Pedreira coa toalha

Os lusistas saen do armario

Sociedade 24/05/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O IV Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata - X Dia Internacional da Toalha celebra-se amanhá, terça-feira, dia 25 de Maio, em Santiago de Compostela. As pessoas defensoras da unidade lingüística galego-portuguesa estám convidadas a se concentrarem na Praça do Pam (Cervantes) a partir das 19h30 (20h30 na Espanha) para escuitarem o discurso que dará a cantora Ugia Pedreira (Marful).


Os deputados galegos no Congreso coinciden na diagnose da crise, pero difiren en canto á responsabilidade do Goberno

Institucional 22/05/2010
  Envía a túa opinión

“O Goberno non é culpable”. “Improvisa e impón”. “Equivócase ao reducir o investimento público”. Son os resumos das reaccións ás políticas de axuste do Executivo estatal para reducir o déficit e combater a crise económica que achegaron aos micrófonos de Radiofusiòn os representantes galegos no congreso de PSOE, PP e BNG, respectivamente. A coincidencia na influencia dos axentes externos como os mercados internacionais na gran recesión da economía non lles impide discrepar no nivel de competencia e as solucións que lle corresponden tomar á Moncloa para minimizar o impacto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros