Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Club S&M

“La Inquisición: una tragedia española” (La 2, 22 h.)

Sociedade 02/03/2012
  Envía a túa opinión

Acontecementos do ano 1843? Nese depósito do mellor da alma humana que son as artes, moitos: Richard Wagner presenta a súa primeira ópera e nace Edvard Grieg, xenio nórdico da música; Charles Dickens escribe o seu famoso “Conto de Nadal”; a poesía chora por Hölderlin, que devolveu a Grecia clásica á contemporaneidade; nace Henry James, que ensinará o que é o retrato psicolóxico na novela; tamén vén ao mundo Heinrich Koch, o primeiro en identificar os bacilos da tuberculose e o cólera; no Reino Unido, Alexander Bain patenta unha máquina que anticipa o que no futuro coñeceremos como fax; e en España... No antigo imperio a raíña Isabell II coloca a primeira pedra do novo Congreso dos Deputados, ese que leva escolta leonina na entrada. E por certo, xa de paso deciden tamén suprimir a Santa Inquisición.


China castiza

“Cine: 55 días en Pekín” (La 1, 22:15 h.)

Cultura 01/03/2012
  Envía a túa opinión

Malditos sexan os gráficos por computadora. Os avances do cine en materia de efectos especiais privaron ao mundo de pequenas e curiosas historias, contradicións que a hiperrealidade informática xa non permite. Por exemplo, que o xigante asiático protocomunista ocupase o mesmo lugar que hoxe simboliza o gran espectáculo de masas da vitoria capitalista en Europa. Aínda que semelle imposible, a localidade madrileña de Las Rozas foi Pequín. O mesmo lugar no que agora se localiza a sede da Federación Española de Fútbol, posiblemente a entidade máis poderosa de España, tan só por detrás da CEOE, pero tamén por diante do Goberno do Estado, acolleu a Cidade Prohibida.


This is the modern world

“Quadrophenia” (La 2, 22 h.)

Cultura 29/02/2012
  Envía a túa opinión

Contei algunha vez xa o meu “momento fan”? O día no que entrei en contacto con Paul Weller como se fose unha pequena pastorciña camiñando ao encontro dunha aparición mariana, un devoto achegando a man a unha silveira ardente? Aconteceu na rúa Real da Coruña hai uns poucos anos, cando o comercio urbano aínda non fora devorado por Marineda City e non había crise e a xente posuía traballo e cartos para andar máis preocupada das súas compras que de ver ao Modfather camiñando -que digo camiñando, levitando!- entre eles. Alí, entre o balbordo e a rúa ateigada, distinguín eu ao compositor de “In the crowd” e no mesmo inglés de parvulario co que hai 50 anos deberon recibir aos Beatles en Madrid, feliciteino polo concerto da noite anterior e pedinlle un autógrafo. Porque eu sempre, malia que non me calcen os pantalóns estreitos e non teña pelo que cortar cunha cunca, sempre quixen ser mod.


Nostalxia

“Cinema Paradiso” (La 2, 22 h.)

Cultura 27/02/2012
  Envía a túa opinión

Non existe mellor argumento para convalidar calquera cousa que a nostalxia. Galicia, para a súa desgraciada parálise, vive nunha tensión perpetua entre o novo e o antigo. Por unha banda, a renovación representada no feísmo, esa tendencia arquitectónica que proclama a supremacía da uralita sobre o granito centenario dos monumentos do pasado; pola outra o desexo do vello coñecido, poeticamente rebautizado como morriña, pragmaticamente coñecido como fraguismo, por dar un exemplo electoral. Pero como norma xeral, a lembranza do pasado é sempre o as que mata o tres. “Xa non se baila como antes”; “a música boa era que a se facía antes”; “modas bonitas eran as que se vestían antes”; “festas eran as festas de antes”; “cando se facía diñeiro de verdade era antes”; ou, o supremo, “con Franco vivíamos mellor”. A nostalxia ben entendida, para ser san, ten que pasar polo recordo da única e verdadeira patria que sinalou o poeta: a infancia. E agora é o cine o que vive tempos nostálxicos, representados pola gloria concedida a “The Artist”, a longametraxe triunfadora nos premios Oscar. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros