Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Presentación da Liga Feminina de Traiñeiras

Galicia xa ten Liga de Traiñeiras Feminina

Deportes 20/02/2009
  Envía a túa opinión

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Liga Galega de Traiñeiras, Juan Ramón Outeda, veñen de presentar a Liga galega feminina de Traiñeiras. A competición comezará este ano grazas ao apoio unánime da asemblea da Liga Noroeste. "Esta liga feminina é un fito na historia do remo tradicional galego e un paso máis no afianzamento da igualdade do deporte, grazas aos clubs que están traballando día a día para acadar a igualdade no remo", asegurou Marta Souto.


 


Encontro entre o Universitario Ferrol e o Zamora

O Universitario Ferrol aproxímase á fase de ascenso

Deportes 19/02/2009
  Envía a túa opinión

A 11 xornadas para que remate a liga na división de prata do baloncesto feminino, un dos máximos expoñentes galegos na materia, o Universitario Ferrol, pensa xa na posibilidade de xogar a fase de ascenso á categoría raíña. Este sábado poden dar un paso de xigante cara a consecución deste obxectivo se vencen en Esteiro ao Zamora.


José Manuel Suárez en plena competición

José Manuel Suárez comeza o ano demostrando que el é o líder absoluto do trial

Deportes 18/02/2009
  Envía a túa opinión

Falar de trial en Galicia é falar de José Manuel Suárez. Este motociclista da Pobra do Caramiñal domina os campionatos autonómicos desde hai máis dunha década e conta ademais cun bo número de podios nos campionatos estatais e mesmo con participacións internacionais. Neste 2009 parece que segue polo mesmo camiño, xa que Suárez vén de gañar a primeira proba do ano do Campionato Galego absoluto de trial, celebrada na localidade fronteiriza de Entrimo.

 


Eva Costas, campioa de lanzamento de peso

Os atletas galegos fixéronse con dous ouros, unha prata e un bronce nos Campionatos de España júnior en pista cuberta

Deportes 17/02/2009
  Envía a túa opinión

Un total de 18 atletas galegos competiron esta fin de semana en San Sebastián no XXXVI Campionato de España júnior de pista cuberta. Eva Costas e Sandra Mosquera proclamáronse campioas de España en lanzamento de peso e 1.500 metros respectivamente. A primeira acadou unha marca de 12,82 metros, en tanto que a segunda fixo a milla nun tempo de 4.40.52. A estes dous títulos hai que sumar as preseas acadadas por Lucía Pérez en triplo salto, que se alzou coa medalla de prata. Mentres, Santi Pérez fíxose coa de bronce en pértega, despois de superar o listón en 4,45 metros. Pola súa banda, Samuel Paz bateu o récord galego júnior en 200 metros e Iria Abelleira clasificábase en sexta posición na proba de salto de altura.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros