Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O Ribeiro entra no selecto club das Rutas do Viño

Sociedade 10/02/2009
  Envía a túa opinión

52 socios da comarca do Ribeiro recibiron onte o certificado da Ruta do Viño de mans da ministra do Medio Rural, Elena Espinosa. Desde xeito, o Ribeiro únese a outras 10 rutas certificadas en todo o Estado, coas que se pretende unir a produción vitícola, a cultura, a gastronomía e a historia dun territorio. O programa Onda Rural abordou este asunto e informou sobre a resolución do II Concurso de Deseño en Madeira.


A Asociación de Criadores de Porco Celta cumpre 10 anos traballando a prol da recuperación desta raza autóctona

Sociedade 09/02/2009
  Envía a túa opinión

Distintos puntos de Galicia acolleron esta fin de semana eventos de promoción do porco celta. En Lugo celebráronse unha xornadas técnicas, en Sarria exaltouse o cocido elaborado cos cochos desta raza e en Manzaneda celebraron as II Xornadas gastronómicas e de recuperación do porco celta. O programa Onda Rural profundou tamén na realidade da produción desta raza autóctona a través dunha conversa co responsable de Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel), entidade que cumpre unha década traballando na protección deste animal en perigo de extinción.


Medio Rural e o sector forestal acordan unha estratexia para a retirada da madeira afectada polo temporal

Sociedade 06/02/2009
  Envía a túa opinión

A Consellaría do Medio Rural e o sector forestal acordaron fixar unha estratexia para a retirada paulatina da madeira afectada polo ciclón Klaus. O programa Onda Rural informou esa e outras medidas establecidas administración e afondou no tema a través dunha conversa co director da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Dans.



Máis do 20% dos turistas que visitan Galicia veñen atraídos pola calidade dos produtos agroalimentarios

Sociedade 05/02/2009
  Envía a túa opinión

A calidade dos produtos agroalimentarios galegos e como esta atrae turismo á comunidade centrou o programa Onda Rural. O director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellaría do Medio Rural, Antonio Oca, e a directora de xestión do Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Enma González, afondaron nos micrófonos de Radiofusión sobre este asunto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros