Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ídolo de mozas e maiores

“NBA All Star Weekend” (Cuatro, 03:00 h.)

Deportes 24/02/2012
  Envía a túa opinión

Están as fans de Justin Bieber que, como as lagostas na maldición bíblica das sete pragas, poden arrasar internet activadas por un suspiro do seu ídolo. Tamén os de Lady Gaga, que tomaron o relevo dos de Marilyn Manson no que a travestismo e devoción case relixiosa se refire. E logo estamos os fans de Ricky Rubio, eses que madrugamos ás seis da mañá para ir traballar e, aínda non abrimos os ollos, xa andamos ás apalpadas no smartphone para consultar por internet o resultado do partido dos Timberwolves. Resulta difícil resistirse á fascinación polo máis semellante ao quinto beatle que teña producido o deporte profesional, no que a un talento sen discusión se lle engade unha imaxe xeitosa. Hai unha tribo de homes adultos coma min ao bordo do salouco cada vez que ese fiúncho de rapaz fai malabarismos correndo cara o cesto. Que máis terá que sexa algo zoupón cando se tratar de anotar puntos? Os que fomos de Magic antes que de Jordan estamos aquí polo show. Somos uns estetas. E tamén uns fans que lamentan non ter idade de andar con carpetas, porque xa as estaríamos forrando de fotos do mozo prodixioso.


Outro escritor atormentado

“La Maldición de Dark Lake” (Antena 3, 22:30 h.)

Sociedade 23/02/2012
  Envía a túa opinión

A relación está aí. Por exemplo, vexamos a escatoloxía, que pode ser a rama dos estudos relixiosos que trata a vida alén da morte, mais na fisioloxía é a que se ocupa de todo tipo de excrecións do corpo. Existe tamén o dito de que o orgasmo é como un pequeno falecemento. E finalmente, ten que asomar como evidente a relación entre o cine porno e o de terror, dous xéneros concibidos para provocar no espectador alteracións dun estado que chamaremos neutro, isto é, nin excitado para ben nin para mal. Ese é o estado no que me gusta a min gozar do cine e da televisión, sen sobresaltos. No caso de ter que ser sometido a algunha proxección de xénero excitante, conveñamos que o porno é máis agradecido en tanto que é máis presaxiable: o carteiro sempre ten outro paquete que quere entregar. En troques, no terror a trécola xira arredor da sorpresa que fai saltar o corazón pola boca e aumentar o ritmo dos latexos sen control. Polo que a min respecta, prefiro a Rocco Sifredi a Stephen King.


Par de dous

“El Hormiguero 3.0: Pajares y Esteso” (Antena 3, 21:30 h.)

Sociedade 21/02/2012
  Envía a túa opinión

Aproveito e fago unha recomendación para todos aqueles que gustan das historias apocalípticas nas que un único home resiste nun planeta convertido nun páramo, como “O home Omega”, “O Planeta dos Simios” ou “Son Lenda”. A todas elas as supera unha banda deseñado americana, obra de Brian K. Vaughan e Pia Guerra, chamada “Y, o último home”. Nela, ese concepto tan explotado do exterminio da especie dá un xiro máis interesante: todos os machos da Terra falecen de súpeto, todos agás un mozo chamado Yorick e o seu mono doméstico Ampersand. Morren os homes, que non todos os seres humanos. Nunha curiosa denuncia do machismo, cóntase a supervivencia dos últimos cromosomas Y nun mundo que colapsa polo feito de que a dominación patriarcal reservárase todas as tarefas de responsabilidade que as mulleres, condenadas a ser a última xeración humana, non poden asumir da noite para o día. A longa aventura relata como Yorick tenta descubrir que demo foi o que aniquilou a todo o seu xénero. Eu teño a miña teoría: unha forza antimachista misteriosa e letal desencadeouse o día que o diario Marca, a carón dos anuncios contra a disfunción eréctil, daba un cupón de desconto para mercar a filmografía de Andrés Pajares e Fernando Esteso.


Eran tempos!

“21 días: Como hace 100 años” (Cuatro, 00:15 h.)

Sociedade 20/02/2012
  Envía a túa opinión

Hai outros mundos, pero están neste. Diferentes correntes temporais, dimensións paralelas, realidades diverxentes da nosa, habitan o mesmo espazo que pisamos perante os nosos ollos pero sen que sexamos quen de comprender a verdade deste xogo poliédrico que desafía ao noso pequeno entendemento. Por exemplo, nunha pequena aldea de Cambre maniféstase o futuro que se tería producido de non mediar a avaricia entre os poderosos, un ideal de benestar capitalista, onde todas as persoas son ricas, a hípica ocupa o lugar que merece a brisca no noso tempo de lecer e nas vodas, en troques de que un dúo cun órgano Casio cante o inevitable “vulevucucheavecmuaquieresquebailemosunvalse” de José Vélez, pois é Mark Ronson, o gurú das divas pop, o responsable de facer soar a “Yenka”. Tamén, ao outro lado do planeta, en México reside unha tribo marciana que procede dun século atrás no tempo e, por incrible que pareza, non ten perfil en Facebook. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros