Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Combate dunha deportista galega no Campionato de España júnior

Catro medallas de ouro, catro de prata e sete de bronce para os taekwondistas júnior galegos

Deportes 13/02/2009
  Envía a túa opinión

A Selección Galega júnior de taekwondo amosou de novo o seu potencial durante o Campionato de España celebrado en Tarragona, xa que conseguiron un total de 12 medallas. Na categoría masculina acadaron ademais o terceiro posto por equipos. O galego que subiu ao máis alto do podio foi Francisco Padín Oliveira, do Olimpic-Vilagarcía; e catro participantes da nosa terra fixéronse con outros tantos subcampionatos estatais. Os taekwondistas que acadaron estes éxitos foron Xurxo Choren Lago, do Olimpic-Vilagarcía; Sabela Lonja Dios, do Natural-Sada; Lucía Ferrari Piñeiro, do Patiño-Moaña e Katia Calvar Martínez, do Mat's Marín.


Ata o de agora só os homes xogaban na Liga da Chave

A Liga da Chave de Ferrolterra conta xa con mulleres

Deportes 12/02/2009
  Envía a túa opinión

Malia ser unha actividade tradicionalmente masculina, pouco a pouco vanse incorporando mulleres ao deporte tradicional galego máis popular, a chave. As primeiras en facelo nunha competición comarcal son as mulleres de Ferrolterra, que participarán, a partir do sábado, na liga comarcal organizada polo Club de Amigos da Chave desta zona.


 


A Dirección Xeral para o Deporte garantirá o futuro dos xogos tradicionais a través dun plan estratéxico

Deportes 11/02/2009
  Envía a túa opinión

Unhas 400 persoas participaron na xornada de presentación do Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais, que tivo lugar este domingo no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Compostela, organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte. O texto, aínda en proceso de elaboración, ten como obxectivos recuperar, transmitir, revalorizar, normalizar e normativizar os nosos xogos e deportes tradicionais.


Gustavo Platas fai historia no atletismo galego ao conseguir o ouro en 800, 1.500 e 3.000 metros lisos

Deportes 10/02/2009
  Envía a túa opinión

O atleta do Azkar Lugo, Gustavo Platas, conseguiu subir en tres ocasións ao podio no Campionato Galego en Pista Cuberta celebrado en Riazor esta fin de semana. Platas é o único galego que fixo triplete na historia do atletismo galego. É o máis rápido nos 1.500 e 3.000 metros lisos, e tamén foi a polos 800, todo un reto ao non ser a súa especialidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros