Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Aberto o prazo para que agricultores e gandeiros afectados polo temporal soliciten as súas axudas

Sociedade 04/02/2009
  Envía a túa opinión

Catro millóns de euros destinará a Consellaría do Medio Rural a paliar os danos causados polo temporal nas explotacións agrícolas e gandeiras. O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a correspondente orde de axudas e hoxe ábrese o prazo de solicitude. O programa Onda Rural procurou información de primeira man sobre este asunto a través dunha conversa co secretario xeral de Medio Rural, Alberte Souto.


As xornadas apícolas de Ferrol alertan sobre a desaparición das abellas

Sociedade 03/02/2009
  Envía a túa opinión

“Quedámonos sen abellas”. Este é o berro que lanzan desde a Asociación Galega de Apicultura. A través dunhas xornadas divulgativas que se celebran durante toda a semana en Ferrol, o colectivo pretende concienciar á cidadanía sobre a importancia medioambiental destes insectos, que son os responsables do 80% da reprodución das plantas con flores e do 30% da alimentación humana. O programa Onda Rural achegouse a esta cita e informou sobre o investimento realizado pola Consellaría do Medio Rural na comarca do Ribeiro.


Os sindicatos denuncian que o Ministerio pretende suprimir as axudas europeas a 15000 agricultores galegos

Sociedade 02/02/2009
  Envía a túa opinión

Arredor de 15000 agricultores e gandeiros galegos van deixar de cobrar as axudas da Política Agraria Común, segundo denuncia o sindicato Xóvenes Agricultores. O Ministerio do Medio Rural pretende suprimir as subvencións comunitarias para todos aqueles que perciban menos de 300 euros. O programa Onda Rural recolleu esta reivindicación e informou sobre a creación da Reserva de Dereitos de Plantación de Viñedo en Galicia, que ten a finalidade de mellorar a xestión do potencial vitícola e evitar a súa perda.


A Agricultura Ecolóxica de Galicia incrementou nun 10% a súa facturación no 2008

Sociedade 30/01/2009
  Envía a túa opinión

A agricultura ecolóxica estase a converter nunha das actividades que menos notan a crise económica. Os produtos galegos procedentes deste tipo de explotacións incrementaron a súa facturación en torno a un 10% no 2008, acadando un valor económico no mercado de 10,6 millóns de euros. “A agricultura ecolóxica é o presente e o futuro da agricultura”, asegurou nos micrófonos de Radiofusión a responsable de Comunicación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica en Galicia, Chus Garza. As súas palabras centraron o programa Onda Rural emitido o venres 30 de xaneiro de 2009.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros