Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Cabárceno. (Fotografía: Sandra Barallobre)

O profesor Jorge García Fernández gaña o I Concurso Fotográfico da Universidade da Coruña

Cultura 28/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O “I Concurso Fotográfico da Universidade da Coruña”, organizado pola Vicerreitoría de Cultura e Comunicación, presentouse cos obxectivos de mostrar a visión de interculturalidade e identidade cultural que posúen os integrantes da comunidade universitaria, así como estimular a creatividade; e todo isto no marco da celebración do “Ano Internacional do Achegamento das Culturas”, proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas neste ano 2010.


Suso Seixo

A saida da crise non pasa pola reforma laboral, segundo a CIG

Sociedade 27/04/2010
  Envía a túa opinión

A CIG convocará para o Primeiro de Maio, ‘Día do Internacionalismo Proletario’ manifestacións en todas as comarcas baixo os lemas “Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e  “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”. A manifestación central, como en anos anteriores, terá lugar en Vigo, con saída do Cruce da Doblada ás 12:00 horas. O sindicato nacionalista nega que a saida da crise pase pola anunciada reforma laboral.


Imaxe do día na web da Nasa

As visitas da Nasa e da CNN

Sociedade 25/04/2010
  Envía a túa opinión

A web da NASA ten 10 veces máis visitas que a páxina de ciencia da CNN. A fonte supera ao emisor, segundo o profesor da Universidade Carlos III Carlos Elías. O universitario disertou sobre xornalismo científico no marco das xornadas Comunicar Cultura, organizadas polo Consello da Cultura Galega. Elías destacou a dificultade de identificar as fontes solventes no terreo da comunicación científica. As xornadas terán o seu epílogo o vindeiro xoves 29 de abril ás 17 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega coa conferencia “Diversidade cultural e converxencia dixital”, a cargo de Jesús Martín Barbero, profesor da Universidad Javeriana de Bogotá e membro do Consejo Nacional de Cultura de Colombia.


Relatos é a terceira película de Mario Iglesias

Relatos de Mario Iglesias de Pontevedra a Narón

Sociedade 23/04/2010
  Envía a túa opinión

Trala súa estrea hai tres semanas nos cines Vialia de Pontevedra, “Relatos” abandona a súa carteleira para ocupar a dos Cinebox de Narón o próximo venres 30 de abril. A película conta a historia de Rosario Francesc, unha ama de casa de vida convencional que escribe contos e que visita ó psicoanalista para intentar curarse dos seus episodios de pánico nocturno. O filme vai enlazando as historias que ela imaxina coa propia historia de Rosario.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros