Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Gustavo Platas fai historia no atletismo galego ao conseguir o ouro en 800, 1.500 e 3.000 metros lisos

Deportes 10/02/2009
  Envía a túa opinión

O atleta do Azkar Lugo, Gustavo Platas, conseguiu subir en tres ocasións ao podio no Campionato Galego en Pista Cuberta celebrado en Riazor esta fin de semana. Platas é o único galego que fixo triplete na historia do atletismo galego. É o máis rápido nos 1.500 e 3.000 metros lisos, e tamén foi a polos 800, todo un reto ao non ser a súa especialidade.


O ourensán Alfonso Palomanes segue rexistrando novas marcas para o atletismo galego

Deportes 09/02/2009
  Envía a túa opinión

Riazor acollía esta fin de semana o Campionato Galego de Atletismo en pista cuberta. Moitos foron os atletas que subiron ao podio, mentres en Zaragoza outro dos nosos atletas, Xosé Alfonso Palomanes, batía o récord galego de triplo salto. 15,60 metros foi esa nova plusmarca galega rexistrada polo ourensán. Este deportista centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 09 de febreiro de 2009.


Marga Cameselle, Esperanza Barreras e Tamara Echegoyen proclamáronse sextas na Rolex Miami OCR

Deportes 06/02/2009
  Envía a túa opinión

As dúas viguesas e a pontevedresa terminaron sextas na xeral da clasificación final, logo de vencer en gran parte dos seus enfrontamentos e quedando a escasos resultados da cuarta praza. Esta foi a primeira vez que as tres regatistas competiron a este nivel, con grandes adversarios de fóra de España, polo que están satisfeitas co seu resultado. Este éxito centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 06 de febreiro de 2009.


O agility, un deporte para a educación, obediencia, habilidade e sociabilidade dos cans

Cultura 05/02/2009
  Envía a túa opinión

Conducir a cans capaces de superar diversos obstáculos co fin de pór en evidencia a súa intelixencia, obediencia, concentración e axilidade, aínda que moitos non o crean, é un deporte federado. Chámase agility e conta con federación a nivel estatal. Nesta disciplina o guía debe dirixir ao can a través dos obstáculos, de xeito que o seu paso por eles sexa limpo e o máis exacto posible, competindo sempre contrarreloxo. Este deporte centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 05 de febreiro de 2009.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros