Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O Ministerio de Medio Ambiente concede a autorización para o cultivo de millo transxénico en 5 concellos galegos

Sociedade 29/01/2009
  Envía a túa opinión

O Ministerio de Medio Ambiente entregou concesións para a sementeira de millo transxénico en 5 concellos galegos: Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada. Unha decisión que volve pór enriba da mesa o debate sobre estes produtos xeneticamente modificados e que xa provocou a reacción da Plataforma Galega Antitransxénicos.


Os produtores forestais calculan que o temporal estragou en Galicia 2 millóns de toneladas de madeira

Sociedade 28/01/2009
  Envía a túa opinión

O sector primario é o que máis sofre as consecuencias do temporal que azoutou Galicia. Asegúrano así agricultores, gandeiros e propietarios de montes que reivindican axudas institucionais para paliar os danos causados polo vento. O programa Onda Rural achegouse á súa situación a través da voz presidenta da Federación de Produtores de Madeira de Galicia. Teresa Rañal, e do secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello.


Unións Agrarias aposta pola protección ambiental desde o rural co proxecto: Cambiar o cambio

Sociedade 27/01/2009
  Envía a túa opinión

Cambiar o cambio. Este xogo de palabras dá título ao proxecto que pon en marcha Unións Agrarias co obxectivo de apostar pola protección ambiental desde o rural. O sindicato promoverá e estudará as prácticas agroforestais que reduzan contaminantes e se adapten ao novo escenario climático. O programa Onda Rural deu a coñecer esta iniciativa a través dunha conversa co seu impulsor, Xacobo Feijoo, e informou ademais das mobilizacións a prol da soberanía alimentaria.


Medio Rural defende habilitar un fondo lácteo para que as explotacións se adecúen á liberalización do mercado prevista para 2015

Institucional 26/01/2009
  Envía a túa opinión

A Consellaría do Medio Rural defende a habilitación dun fondo lácteo para que as explotacións se adecúen á liberalización do mercado prevista para 2015. Ese fondo, entenden, debería estar dotado con entre 500 e 600 millóns de euros no período 2009-2013 e permitiría establecer axudas directas para compensar a eliminación das cotas leiteiras. O programa Onda Rural emitido o 26 de xaneiro de 2009 informou sobre esta proposta e ademais realizou un repaso sobre o que deron de si os distintos eventos relacionados co rural celebrados durante a fin da semana.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros