Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Sonsdenós

Información do programa Novas do programa

Susana Félix púxolle música a telenovelas

Susana Félix presenta as súas pulsacións en Braga

Sociedade 15/02/2009
  Envía a túa opinión

As pulsacións de Susana Félix chegan ao Teatro Circo de Braga. Unha voz consagrada no contexto da música pop de Portugal ofrecerá un concerto o venres 27 de febreiro. Interpretará temas do seu último traballo Pulsaçao. As entradas custan 15 €.


Sara Tavares publica o album Alive in Lisboa

Cultura 17/01/2009
  Envía a túa opinión

Magnífico album o que ven de sacar Edicións Resistencia con 2 CDs e 1 DVD de Sara Tavares, denominado Alive in Lisboa. Inclue os seus traballos discográficos Balancé e Mi Ma Bó e recolle o concerto ofrecido no 2007 en Lisboa.A cantante caboverdiana participou con éxito en decembro do 2008 na 6ª edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, en Pontevedra.


A prensa aumenta as vendas en Portugal

Sociedade 29/12/2008
  Envía a túa opinión

Contrariamente ao que sucede en toda Europa, a prensa xeneralista en Portugal aumenta as súas vendas. Nos dez primeiros meses do 2008 venderónse 20.000 periódicos diarios máis que no mesmo período do 2007.


The Bowmans, desde Iowa ata Braga

Cultura 29/11/2008
  Envía a túa opinión

Misturan o vaudeville co folc, a música clásica co rock and roll. Son xemeas e oriundas do estado de Iowa (USA). Sarah e Claire Bowman, artísticamente coñecidas como The Bowmans, compáranse a nomes como Gillian Welch, Neil Young ou Joni Mitchell. Este ano realizaron 255 concertos ao longo de toda Europa e América, debullando o seu álbum “Far from Home” e anticipando temas do seu novo traballo esperado para a primavera do 2009.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros