Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

tellados da Catedral de Santiago de Compostela

Fixan o aforo da catedral de Santiago en 1.650 persoas

Sociedade 09/04/2010
  Envía a túa opinión

O alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, anunciou hoxe que a Catedral de Santiago terá un aforo limitado para 1.650 persoas despois da comprobación que se realizou durante a Semana Santa no marco do plan de seguridade do Xacobeo 2010. Neste sentido, o templo compostelán recibiu a un total de 64.711 persoas entre o xoves e o domingo de Semana Santa. En concreto o día de maior afluencia na Semana Santa foi o do Venres Santo, 2 abril, no que 20.232 visitantes entraron no recinto.


Esperanza Aguirre reclama contundencia nos casos de corrupción

Aguirre reclama apartar das súas funcións aos sospeitosos da Gürtel

Sociedade 07/04/2010
  Envía a túa opinión

“A min que me rexistren”. O senador do PPdeG e ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, sintetizou desta maneira o sentir dos cargos actuais e pasados do partido no Goberno da Xunta arredor das revelacións tiradas da desclasificación do sumario do caso da trama corrupta Gürtel. Os dous últimos presidentes dos populares galegos desbotaron nesta xornada calquera relación directa coa rede de prevaricación e financiamento fraudulento e mesmo insinuaron a existencia dun “complot” e de “xuízos paralelos” contra a primeira forza da oposición estatal. Mentres a presidenta da comunidade de Madrid Esperanza Aguirre deu un paso á fronte e reclamou "apartar das súas funcións" a aqueles sobre os que exista "unha razonable dúbida sobre a súa rectitude" mentres "se aclara esta posición".


Caixa Galicia e Caixa Nova comezaron a negociar hoxe un protocolo de fusión

A Xunta de Galicia presenta recurso de inconstitucionalidade contra o FROB

Sociedade 24/03/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia presentará recurso de inconstitucionalidade contra o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria. O conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda anunciou esa decisión, indicando que o citado ente "non respeta as competencias de Galicia", actitude agravada "ante a intransixencia amosada polo goberno central no proceso de fusión das caixas e na negociación da Lei que regula estas entidades bancarias, recurrida á súa vez polo executivo de Zapatero.


Instante da reunión en Barcelona

A radio local pide paso

Sociedade 22/03/2010
  Envía a túa opinión

As emisoras municipais farán xestións diante do Goberno de España para recibir información de cómo afecta a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual ás radios municipais. Así, proximamente unha delegación se reunirá co Secretario de Comunicación e co director xeral de Radiodifusión. Esta conclusión é froito dunha xornada de traballo realizada o pasado fin de semana en Barcelona.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros