Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Harry estilo Draco Malfoy

“El Hormiguero: Daniel Radcliffe” (Antena 3, 21:45 h.)

Sociedade 13/02/2012
  Envía a túa opinión

Ninguén tería que asumir o peso asociado a un nome que non é o seu. É un drama que comparten os herdeiros das casas reais, obrigados a comportárense para legar aos seus descendentes os mesmos privilexios que eles herdaron dos seus devanceiros, e tamén os fillos das estrelas dos espectáculos públicos, xa sexan o cine, a música ou o deporte. Soffia Coppola honra como directora agora o prestixio familiar que non puido soster como actriz en “El Padrino III”; Enrique Iglesias non venderá nunca tantos discos como seu pai, pero ligou con Kournikova e iso nivela calquera ecuación; mentres que cabe agardar dos pequenos de Michael Jordan a sensatez suficiente para non dedicarse ao baloncesto e poder evitar así calquera comparación aberrante. Mais a fin de contas, eles soportan unha loita con personaxes reais. Peor é ser medido constantemente cunha ficción á que non lle caben defectos.


Brando será, pero aínda che ten bola no brazo

“NBA: Knicks-Lakers” (Cuatro, 02:00 h.)

Deportes 10/02/2012
  Envía a túa opinión

Eu non me chamo Manolo grazas a ter dito non no momento preciso. Non se pode titubear. Cando un detecta que se vai producir o intre decisivo debe reaccionar con determinación. Nas contadas ocasións nas que, ao ingresar nun círculo social novo, tentaron rebautizarme o Manuel, abortei calquera intento: “Chámome así, non me chames asá”. Isto non é unha cuestión menor: millóns de persoas, homes e mulleres nunha idade xa madura, lamentan cada día como o primeiro que os coñezan por diminutivos e alcumes que en nada lles acaen. “Joseíños” na idade de xubilación, “Peques” que miden dous metros, “Cousiñas” que en público prefiren que se refiran a elas polo seu natural María Encarnación. Aí temos tamén a Pau Gasol, que deixou que un día lle chamaran “brando” e, por máis que ensine unha vitrina chea de títulos e estatísticas que negan a maior, “brando” lle quedou.


Chámome Nobel, Alfred Nobel

“El Premio” (La 1, 22:15 h.)

Cultura 09/02/2012
  Envía a túa opinión

Será un capricho burgués e todo o que se queira, pero o turismo segue a ter valor por máis que se convertese na recolección de instantáneas en lugares desgastados pola pegada de millóns de visitantes que se deteñen sobre eles tan só uns segundos, como o pioneiro cando chanta a bandeira ao conquistar un novo territorio, e logo axiña marchan ás carreiras para a seguinte parada do seu safari fotográfico, as máis das veces sen tempo para reflexionar sobre o que veñen de coñecer. Pero aínda que incontables persoas no planeta teñamos a mesma nada memorable fotografía na Torre Eiffel, a Fontana di Trevi ou Picadilly Circus, a experiencia individual do turista segue a ser persoal e intransferible e serve para unha vida máis plena. 


Urdangarín tiña unha Honda

“Materia reservada” (Telecinco, 00 h.)

Sociedade 07/02/2012
  Envía a túa opinión

O momento tiña que chegar. Acontece en todos os procesos culturais en sociedade. Primeiro fórmase unha orde establecida, un escenario dominador e, co paso do tempo, agroman as impurezas que se reviran contra el até sometelo e establecer un novo goberno e así ad infinitum. No inicio, os programas da prensa rosa ou amarela (que, segundo as interesadas teorías do daltonismo televisivo, son dous matices da mesa cor) presentáronse como a revolución que viña modernizar un medio branco e estancado nas galas de Ana Obregón e Ramontxu. Consumado o golpe de estado, hogano os programas de espeleoloxía nas entrañas humanas representan o establishment, mais como aconteceu no mundo da música dos 70, xa chegaron os Sex Pistols para rebentalo todo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros