Envía a túa opinión
Alguén deberia coordenar os eventos deportivos atléticos porque pasamos de non ter nada a telo todo esta fin de semana. O domingo celébrase en Ourense o Campionato Galego de Campo a Través curto no circuito de Oria. Tamén se celebra no mesmo escenario o Campionato Galego cadete e xuvenil de cros curto por equipos e individual. Os eventos ourensáns compleméntanse co Trofeo Alejandro Lorenzo de categorías de base de cros para as categorías benxamin, alevín e infantil. Ademáis en Elviña ou en Riazor na cidade da Coruña terá lugar o Campionato Galego xunior e promesa e para completar calendario ás once da mañá sairá das rúas ao carón do pavillón de Esteiro en Ferrol unha nova edición da popular de San Xiao que organiza o Padroado de Deportes do Concello de Ferrol. Como ben, un monton de campionatos, carreiras e outros eventos, prácticamente á mesma hora.
Envía a túa opinión
Esteo de As Pontes e Begasucegsa Unidade de Fene coñécense moi ben. Isto parece un tópico pero é unha realidade. Ámbolos dous equipos saben as potencialidades e as debilidades do rival e intentan rendabilizar todos os factores ao seu favor. Isto ocurreu o sábado no pavillón de A Xunqueira de San Valentín cun intenso frio de testemuña ambiental. O partido rematou con empate a cinco goles e foi un resultado xusto. Os dous equipos xogaron para gañar e calquera dos dous poido levarse o partido. O espectáculo foi total. 10 goles marcados de distinta factura, un sinfín de transicións e moita, moita emoción polo resultado. O Begasucegsa Unidade de Fene inaugurou o marcador e tamén o pechou. No medio houbo unha intensa “guerra deportiva” (no bo sentido da palabra) onde os dous nunca tiraron a toalla.
Envía a túa opinión
Durou mentres houbo gasolina. O Barallobre aguantou ao Valdoviño durante todo o primeiro tempo e tamén durante un tercio do segundo periodo. Logo a falta de “fisico” fixo mella e o equipo fenés desfondouse. Nesta situación de falta de enerxia para afrontar un partido de fútbol chegaron os tantos do Valdoviño. Dani no minuto 24 e Sebas no 26 e 31 da reanudación sentenciaron o partido e deron os tres puntos ao Valdoviño que se consolida na terceira posición da clasificación xeral.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
O Narón B deu onte un recital de calidade e talento e tamén de inexperiencia. O filial de Piñeiros rematou a primeira parte con 1 a 6 ao seu favor e os afeccionados de Ortigueira, o equipo rival, afirmaron en Radiofusión que foi o mellor equipo que pasou por Santa Marta. Os rapaces xogaron á perfección e maniataron totalmente ao rival. O Ortigueira é un dos mellores conxuntos da Segunda Autonómica de Ferrolterra e aguantou o vendaval como poido. Pero os locais esperaron a súa oportunidade e esta chegou na segunda metade. O Narón B pensou que todo o monte é orégano e pecou de exceso de confianza e entón chegou a oportunidade do Ortigueira. O partido rematou con 6 a 7 a favor do Narón. Foi cuestión de tempo.