Envía a túa opinión
Durou mentres houbo gasolina. O Barallobre aguantou ao Valdoviño durante todo o primeiro tempo e tamén durante un tercio do segundo periodo. Logo a falta de “fisico” fixo mella e o equipo fenés desfondouse. Nesta situación de falta de enerxia para afrontar un partido de fútbol chegaron os tantos do Valdoviño. Dani no minuto 24 e Sebas no 26 e 31 da reanudación sentenciaron o partido e deron os tres puntos ao Valdoviño que se consolida na terceira posición da clasificación xeral.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
O Narón B deu onte un recital de calidade e talento e tamén de inexperiencia. O filial de Piñeiros rematou a primeira parte con 1 a 6 ao seu favor e os afeccionados de Ortigueira, o equipo rival, afirmaron en Radiofusión que foi o mellor equipo que pasou por Santa Marta. Os rapaces xogaron á perfección e maniataron totalmente ao rival. O Ortigueira é un dos mellores conxuntos da Segunda Autonómica de Ferrolterra e aguantou o vendaval como poido. Pero os locais esperaron a súa oportunidade e esta chegou na segunda metade. O Narón B pensou que todo o monte é orégano e pecou de exceso de confianza e entón chegou a oportunidade do Ortigueira. O partido rematou con 6 a 7 a favor do Narón. Foi cuestión de tempo.
Envía a túa opinión
O Cultural Maniños gañou esta tarde no campo de O Pote ao conxunto do Narahio de José Luis Padín por 2 a 1. Con esta vítoria do equipo de Angel Mahia e coa derrota do líder o Perlío en San Xoán por 0 a 2, o conxunto do Pote colócase como novo líder da categoría. O Perlío perdeu ante o Meirás.
Envía a túa opinión
O primeiro derbi do ano na Primeira Nacional B de fútbol sala xógase hoxe sábado en Fene. O Begasucegsa Unidade de Fene recibe no pavillón de A Xunqueira de San Valentín ao seu rival e veciño o Esteo de As Pontes. O partido comezará ás seis da tarde e a entrada ao pavillón de San Valentín é gratuita.