O concello de Ferrol acollerá o domingo o “XVI Trofeo Internacional de Iolas Cidade de Ferrol”, a partir das 09.00 horas nas proximidades da ensenada do Castelo de San Felipe. Este trofeo coincidirá co campionato galego desta modalidade deportiva e nel participarán 15 clubs procedentes de Portugal, Navarra, Asturias e Galicia. Está organizado polo Club de Remo San Felipe xunto coa federación Galega de Remo, e conta co patrocinio do Concello.
O adestrador do Cultural Maniños Nesy Otero analisou en Radio Fene as características dos integrantes do plantel do club que compite esta temporada na Primeira Autonómica de fútbol. A vindeira fin de semana o Maniños visita ao Olímpico de Rutis en Vilaboa (Culleredo), un dos equipos fortes da categoría.
O Perlío continúa invicto tras a segunda xornada da Primeira Autonómica de fútbol. Pero non puido pasar do empate, no seu encontro co Vizoño celebrado esta tarde nos Pinares.
A fórmula do adestrador Nesy Otero levou ao éxito ao Cultural Maniños na segunda xornada da Liga da Primeira Autonómica de fútbol. O equipo do Pote venceu por 0 -1 ao Mandiá en partido xogado esta tarde.