Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

O prazo da solicitude remata o 1 de setembro de 2013

Para universitarios-as en apuros

Sociedade 06/03/2013
  Envía a túa opinión

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prestará o seu apoio aos estudantes universitarios que, de forma imprevista, se ven afectados por circunstancias especiais que lles causan dificultades económicas para continuar os seus estudos. Para iso o departamento educativo da Xunta de Galicia vén de publicar unha nova convocatoria de axudas destinadas  ao alumnado que cursa estudos universitarios no curso académico 2012-2013 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, e que por causas sobrevidas teña dificultades económicas para continuar a súa formación; no marco do compromiso social  que a Consellería mantén a prol da igualdade de oportunidades no acceso aos estudos superiores.


A peza a interpretar pode ser unha alborada ou outra

Alborada para Rosalía de Castro

Sociedade 20/02/2013
  Envía a túa opinión

Chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia para dar unha alborada de gloria a Rosalía de Castro, no aniversario do seu nacemento. Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos estan a organizar para o domingo 24 de febreiro  a Alborada para Rosalía de Castro. Se es un gaiteiro ou gaiteira, na mañá do 24 de febreiro sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía. Se non tocas a gaita, disfruta da Alborada e logo difundea : faille fotos ou grava vídeos e compárteo nas redes sociais.


Partido Capela - Barallobre

O Barallobre busca unha actuación convincente

Sociedade 13/10/2012
  Envía a túa opinión

Na Segunda Autonómica de fútbol o Barallobre recibe este domingo ás cinco da tarde ao San Mateo no campo do Ramo. O equipo adestrado por Juan Enrique Anca buscará unha actuación convincente que permita que os 3 puntos en xogo queden na casa.


Alá bendiga América

“Homeland” (Fox, 22:20 h.)

Sociedade 09/04/2012
  Envía a túa opinión

Dúas son as habilidades máis acreditadas dos mordomos: matar de vergoña ao pasar o algodón por unha louza non tratada con bioalcol, amosando o produto da túa falla de hixiene a cámara; ou matar ben matado, con arsénico no té ou coitelo nas costas, con todo o bo oficio, discreción e savoir faire da estirpe de Mr. Belvedere que se queira, pero con ánimo asasino tamén. Así nolo aprenderon os grandes relatos de misterio, que canto máis domésticos, mellor resultaron sempre. Será por iso de que cómpre ter aos amigos preto e aos inimigos máis preto aínda, que non hai tensión dramática como a de varios sospeitosos retidos nun mesmo espazo, tratándose con toda a familiaridade que permite saber que hai un criminal sentado á mesa. A trécola non por sobada deixou de funcionar. De “Dez negriños” a “Homeland” tampouco hai tanto treito. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros