Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Efecto Dinamo

Información do programa Novas do programa

O programa ofrecerá alternativas á calefacción eléctrica

Un estudo apunta a deficiencias na normativa de illamento de vivendas como causa do despilfarro enerxético

Sociedade 22/04/2010
  Envía a túa opinión

As cidades españolas gastan en calefacción tanto como París, Londres ou Roma, malia que o clima é máis benigno ao resto de Europa, con temperaturas máis cálidas e invernos máis curtos. Afírmao deste xeito a Asociación prol Dereitos Civís, Económicos e Sociais, ADECES, que nun informe comparativo mostra as insuficiencias do Código Técnico Estatal da Edificación. A súa presidenta, Carmen Rodríguez, é unha das voces protagonistas na décima entrega do espazo Efecto Dinamo.


A bomba de calor eríxese como unha alternativa eficiente para aclimatar as vivendas

Sociedade 15/04/2010
  Envía a túa opinión

As posibilidades de adecuar a temperatura dun edificio a través das bombas de calor centran a novena edición do programa Efecto Dinamo. Din os expertos que este sistema é un dos máis eficientes e económicos do mercado. Por cada unidade de enerxía consumida, produce entre 3 e 5 veces máis.


A biomasa como fonte de calefacción permite aforrar un 10% no gasto enerxético

Sociedade 08/04/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

A biomasa centra a oitava edición do programa Efecto Dinamo. Igual que se utilizan a luz do sol ou o vento, esta fonte de enerxía limpa ofrece a posibilidade de utilizar os residuos e refugallos de determinadas actividades para xerar calor ou electricidade. Recorda, en certo xeito, ao uso tradicional da leña nas vivendas tradicionais, aínda que o seu proceso actual de obtención, e as instalacións que emprega, resultan máis complexo, do mesmo xeito que as instalacións en que se emprega.


O sol que dá calefacción

Sociedade 25/03/2010
  Envía a túa opinión

A calefacción é un dos servizos ou actividades diarias que máis incrementa o gasto enerxético. Nunha xornada normal, os electrodomésticos e a auga quente consumen un 16% da enerxía dispoñible e o coche, un 30%; pero a calefacción supón máis do 50% da enerxía empregada a diario. Ante esta situación, os sistemas solares convértese nunha alternativa sustentable, tal como se aborda na sétima edición do programa Efecto Dinamo.

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros