Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Patio de butacas

Información do programa Novas do programa

Cartel de Kungfundidos en Narón

“O Mosteiro dos homes silenciosos que andan nas puntas dos pés”

Cultura 07/11/2011
  Envía a túa opinión

Humor, música e kung-fu son os ingredientes que conforman “Kungfundidos”, a nova producción de Bucanero na que dous mestres shaolíns un tanto peculiares tratan de dar un xiro á súa vida e seguir o bo camiño da doutrina dos “homes silenciosos que andan nas puntas dos pés”.


Cartel de

A crítica dende a inxenuidade dun neno

Cultura 31/10/2011
  Envía a túa opinión

Con esta máxima, “O Florido Pénsil” lévanos á época da España da posguerra, onde un grupo de nenos lémbranos cómo era vida nas escolas de entonces, nas que a aprendizaxe baseábase na imposición pola forza e na memorización automatizada das leccións, e onde a súa inocencia e a súa inxenuidade, funcionan como perfectos xuíces dunha realidade que algúns aínda lembran.


El Rey León en Madrid

O musical que conmove ao mundo

Cultura 24/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Dazasete anos despois da súa estrea nos cines, e tras ser representada en teatros de todo o mundo, a historia de Simba e do resto de habitantes da sabana máis coñecida da factoría Disney, chegou o pasado venres ao teatro Lope de Vega da Gran Vía madrileña. A cidade vestiuse de gala para a ocasión: Carteis en cada parada de metro, longas colas nas taquillas, entradas esgotadas dende hai meses, e unha preestrea repleta de caras coñecidas do mundo do espectáculo.


Limpeza de sangue. Carla Capeáns

O sangue fai ruído

Cultura 22/10/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Dous mundos unidos nunha sala de hospital. Velaquí a historia de Fernando e Pantaleón, dúas persoas pertencentes a mundos –aparentemente- opostos, que véndose obrigados a compartir sesións de diálese, rematan unidos por un dos lazos máis fortes da existencia humana: A amizade. O grupo Espello Cóncavo consegue con esta representación da obra do autor galego Rubén Ruibal, na que se mesturan o mundo das drogas coas altas esferas do boom inmobiliario, reflexar dúas caras dunha moeda que aínda sendo distintas teñen en común a dureza, a crueldade, e as dificultades que dalgún xeito vense obrigados a vivir ambos protagonistas, quen, nun intento de xogar a ser “Príncipe e Mendigo”,  tratan de sobrevivir á súa propia sorte.

   

1 -2 -3 -4 -5 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros