Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Traballos de recollida da madeira en Ferrolterra

A pegada do Klaus en Galicia continúa un ano despois do ciclón

Sociedade 23/01/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Medio millón de metros cúbicos de madeira esnaquizados no chan é unha medida que serve para lembrar o efecto devastador do vendaval alcumado Klaus, o que nos fixo coñecer o que é unha cicloxénese explosiva, e que sacudíu Galicia hai hoxe un ano. Os montes da Comunidade Autónoma foron achanzados polo vento e aínda hoxe queda madeira por recoller. Foron precisos ata o momento 18 millóns de euros para reparar todo canto ficou estragado pero a Xunta afirma que a pegada de Klaus xa case foi borrada e todos os compromisos da Administracións cumpridos. “Non de todo”, responden os propietarios dos montes. Láianse dunhas subvencións para a recuperación da masa forestal que só se lle concedan a fincas maiores dunha hectárea. “Desaténdese a realidade minfundista do país”, segundo a presidenta da Federación de Produtores de Madeira de Galiza (Promagal), Teresa Rañal.


Actividades lúdicas e reivindicativas reflicten a aposta de Adiante pola defensa do agro

Sociedade 20/01/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Compostela converteuse esta semana en centro das reivindicacións dos agricultores e gandeiros galegos. A organización xuvenil Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega) está a desenvolver na capital galega as xornadas “A Mocidade Galega en Defensa do Agro”. Unha iniciativa cargada de actividades que converteron a aposta por un consumo local e sostible da Asociación de Labregos Lentura, da cooperativa de consumo Eirado ou dos Grupos de Responsabilidade Compartida do Sindicato Labrego Galego en protagonistas dun foro de debate;, e ao cabalo de pura raza galega no centro dunha palestra que promove a súa recuperación. As actividades prolongaranse ata o sábado e compaxinarán charlas, proxeccións, recitais, obradoiros, concertos e mesmo un Open de Billarda.


Tareixa Paz

O BNG propón a creación dunha interprofesional láctea para sacar da crise ao sector

Institucional 24/08/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Recuperar o protagonismo do sector lácteo galego. Iso é o que quere o BNG e para conseguilo vén de presentar unha proposición de lei no Parlamento Galego que permita a creación de interprofesionais no sector agroalimentario. Uns mecanismos que gozarían de amparo legal e que tomarían decisións de obrigado cumprimento. A portavoz de Medio Rural do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Tareixa Paz, asegurou nunha entrevista a Radiofusión que o sector lácteo atópase actualmente nunha grave situación non só pola caída dos prezos en orixe, senón tamén polo anuncio dalgunha industria de deixar de recoller o leite aos gandeiros. Para Paz isto demostra que o acordo ao que se chegou en xullo en Madrid non serve, nin tampouco as medidas adoptadas pola Xunta e que, segundo a parlamentaria nacionalista, só tiñan como obxectivo neutralizar as mobilizacións dos produtores.


Unións Agrarias reclaman un novo modelo taxador do solo de aproveitamento eólico

As empresas eólicas deberían pagar ata 15 veces máis polos terreos, segundo un estudo da Universidade de Santiago

Sociedade 30/06/2009
  Envía a túa opinión

As empresas eólicas que adquiren terreos para instalar aeroxenadores pagan aos propietarios das terras entre 5 e 15 veces menos do seu valor real. Sinálao así un estudo realizado por economistas da Universidade de Santiago de Compostela, a petición do sindicato Unións Agrarias, no que se pon de manifesto que o actual sistema de taxación prima os intereses das grandes empresas e resulta lesivo económica e socialmente para o medio rural. O secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, explicou nos micrófonos de Radiofusiòn as claves deste informe e as súas palabras centraron o programa Onda Rural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros