Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > A biblioteca infinda

Información do programa Novas do programa

John Thompson nos estudios de Radiofusión

Thompson: “As novelas da memoria son a expresión dun trauma colectivo”

Cultura 20/12/2009
  Envía a túa opinión

Ás poucas horas de poñer o pé en Galicia, despois dunha longa viaxe desde Montana (EUA), o profesor John Thompson ponse en contacto con Radiofusión, tal e como prometera, para concertarmos a data da entrevista. O cansazo non lle impide achegarse aos nosos estudios para falar do seu libro As novelas da memoria, o ensaio publicado pola editorial Galaxia onde analiza as novelas galegas que tratan o tema da II República, a Guerra Civil e a Posguerra.


Hixinio Puentes e Anxos García Fonte

Hixinio Puentes: cando a literatura se fai mar

Cultura 08/08/2009
  Envía a túa opinión

Abrir un libro calquera de Hixinio Puentes –desde O bandido Casanova (Xerais 2000) e Aguillóns de Ortegal (Xerais 2005) ao último, Monbars, o exterminador (Xerais 2009)– é comezar unha aventura que nos fará vibrar páxina a páxina. Con el entramos en mundos de ficción solidamente trazados que se caracterizan pola coidada ambientación histórica, a predilección polos personaxes marxinais e a presencia do mar como pano de fondo.


A novela de Xabier P. DoCampo A casa da luz vai ser levada ao cine

Xabier P. DoCampo: A literatura é memoria

Cultura 01/06/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Xabier P. Docampo enganchou á literatura galega a toda unha xeración, que sempre gardará na memoria títulos coma O misterio das badaladas ou A chave das noces. El mesmo conta a sorpresa e o orgullo que sente cando hoxe algún adolescente se achega a el, cun pedido de parte da nai, levando un libro vello e gastado para pedirlle unha firma: todo un recoñecemento que non precisa máis comentario.


Carmen Blanco

Carmen Blanco, a intelixencia incandescente

Sociedade 01/05/2009
  Envía a túa opinión

Carmen Blanco é unha muller de intelixencia incandescente que engaiola axiña ao auditorio coa súa expresividade ao expoñer unha mensaxe aparentemente moi sinxela: a paixón polo amor, a liberdade, a xustiza, a paz e o gozo pola vida, conceptos que, segundo ela, impregnan a obra das dúas grandes referentes do seu pensamento: Rosalía de Castro e Virginia Woolf. Un discurso profundamente humanista en busca da harmonía dos seres humanos entre si, incluíndo a harmonía entre os sexos, e coa natureza que continúa a ter vixencia e nos advirte da necesidade de non caer na desesperanza.

1 -2 -3 -4 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros