Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

A Xunqueira

O Ceip A Xunqueira premiado a nivel internacional

Sociedade 21/06/2016
  Envía a túa opinión

O concurso internacional de modelado en 3D d3mobile ven de premiar os traballos presentados polo Colexio A Xunqueira de San Valentin. Outorgaron o galardón sobre a científica ou tecnóloga famosa ao modelo 3D sobre Anna Keichline, arquitecta norteamericana e inventora do tixolo K-brick. Tamén premiaron como mellor equipo de Galicia de artistas 3D ao traballo presentado a partir dun debuxo de Xaquin Marin. Coordenou os dous traballos, a profesora de Tecnoloxia da Xunqueira, Blanca López Moreno.


Exterior do Ceip O Ramo

O Ramo terá o seu tellado novo

Sociedade 20/06/2016
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia ven de anunciar que investirá case dous millons de euros en mellorar 34 centros educativos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. A Fene correspóndelle á reforma da cuberta do colexio O Ramo de Barallobre, que era prioritaria para o concello entre as necesidades que teñen todos os centros, por un importe de 75.000 euros, así como a instalación dun ascensor no mesmo centro por un importe de 58.000 euros. O IES de Barallobre recibirá 15.000 € para a colocación dun elevador e un plano aspirante.


Thompson no monumento á memoria- Fene-

Proxecto innovador sobre a memoria histórica

Sociedade 17/06/2016
  Envía a túa opinión

Fene acollerá o sabado 25 de xuño unha Fashion Night que xa está collendo forma. Son 50 os negocios, 22 de hosteleríae o resto de comercio e servicios, que  participan nese día que pretende promocionar o sector cunha fórmula que ten moito éxito noutros concellos da comarca onde xa se fixo. E Fene será sede dun proxecto innovador relacionado coa memoria histórica. Rapaces e rapazas de 15 anos en diante coñecerán todo o relacionado coa República e a chamada Guerra Civil española a través de historiadores, testemuñas e finalmente plasmarán esa experiencia nun Mural da Memoria. O obradoiro da Memoria desenvolverase na casa da Cultura de fene no mes de xullo.


Nais e nenos de Sillobre na entrada do Xofre

A Anpa de Sillobre agarda a decisión da Xunta

Sociedade 16/06/2016
  Envía a túa opinión

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a estudar a situación da escola de Sillobre e a avaliar a posibilidade de manter as dúas aulas de Educación Infantil e Primaria. As nais de Sillobre achegáronse ao mitin que o Partido Popular celebrou onte no Teatro Xofre de Ferrol. Agardan a resposta da Xunta con impaciencia, intranquilidade pero tamén con confianza na xustiza da súa reivindicación.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros