Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Marga López Azkona, Esther Val, Henrique Sanfiz, Cris de la Maza e Andrés C.M.Riveira

Os pés do peregrino

Sociedade 04/05/2018
  Envía a túa opinión

O Camiño Lebaniego é unha ruta de 72 quilómetros que sae de San Vicente de la Barquera e remata na igrexa de Santo Toribio de Liébana en Potes. Lembranos o camiño de Santiago ou o do Santo André de Teixido. Sobre as peripecias do camiño versa a novela de Marga López Azkona Los pies del peregrino.


Antonio Sandoval no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

As árbores poden ensinarnos a vivir

Cultura 26/04/2018
  Envía a túa opinión

“As árbores poden ensinarnos moitas cousas. Calquera que pase debaixo delas, pode aprender a sentir, a vivirnos, sobre todo ás persoas que pasan moito tempo nun entorno urbano” afirma Antonio Sandoval, autor do libro “A árbore da escola”, publicado por Editorial Kalandraka.


Carlos Valle, Karlotty

Poesía agachada na praza de abastos

Sociedade 20/04/2018
  Envía a túa opinión

”Hai moita poesía agachada na praza de abastos” afirma Carlos Valle Karlotty. "Este ano imos facer unhas improvisacións poéticas a partir dos peixes". Unha vez máis os poetas acudirán aos mercados e ás rúas nas voces dos seus criadores. Do mércores 25 ao sábado 28 de abril xogaráse cos silencios das palabras, “para dar alegría e para combatir” afirma Karlotty. A undécima Semana da Poesía Salvaxe distribue A Palabra Encarnada polas rúas do barrio da Magdalena e de Caranza.


Radio Fene Radiofusión. Club de lectura

Camiño de Santiago, ferramenta de intercambio cultural

Sociedade 19/04/2018
  Envía a túa opinión

O Camiño de Santiago serviu de ferramenta de intercambio cultural desde a Edade Media. Afirmao así Santiago Lopo, autor da novela A arte de trobar, que comentamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusion. O escritor reivindica  unha época relevante do noso pasado, da que só se acostuma a subliñar a súa escuridade pero que tamén tivo moitas luces. Trovadores e xograres conviven no camiño de Santiago nesta novela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros