Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

Xela Arias e Luísa Villalta

Na memoria de Xela Arias e Luísa Villalta

Sociedade 26/03/2014
  Envía a túa opinión

Aos dez anos de pasamento das escritoras Xela Arias (1962-2003) e Luísa Villalta (1957-2004) , a Comisión de Igualdade organiza a xornada “Xela Arias e Luísa Villata: letras, interartes, proxectos na fin de século”,  coa que se pretende “manter viva a memoria da súa produción literaria” así coma os “proxectos de notable repercusión na historia recente da cultura galega”. As xornadas están constituídas por un programa teórico e sesións de experimentación e elaboración artística. Comezan hoxe ás 09.30 h. coa presentación da xornada a cargo de Ramón Villares, María Xosé Agra e Rosario Álvarez Blanco.


A profesora Inés Alberdi.

A UDC adéntranos no feminismo de Emilia Pardo Bazán

Sociedade 21/03/2014
  Envía a túa opinión

A Facultade de Socioloxía da UDC acollerá o vindeiro luns, 24 de marzo, ás 12:30 horas a conferencia de Inés Alberdi, “Emilia Pardo Bazán e o feminismo”, organizada polo Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña, en colaboración coa facultade.


Cartaz da convocatoria

9 de Marzo. Enchamos a Quintana

Sociedade 07/03/2014
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A Plataforma Galega polo dereito ao aborto convoca a manifestación do domingo 9 de marzo en Santiago de Compostela, co lema "Enchamos a Quintana. Polos nosos dereitos sexuais e reproductivos" . A Marcha Mundial das Mulleres, como organización pertencente á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, convida tamén a participar na manifestación que arrincará ás 12 da mañá, da Estación de tren en Compostela. Ao peche da manifestación haberá unha festa na que xa confirmaron a súa participación artistas como: Mercedes Peón, Uxía Senlle, Sés ou As Boubas; poetas como, Susana Aríns e Verónica Martínez. Actuarán como conductoras, Comba Campoi e Mónica Camaño.


Francisco Jorquera, no pleno do Parlamento Galego

Os dereitos das mulleres e dos óvulos

Sociedade 27/02/2014
  Envía a túa opinión

Din as enquisas que o 70% dos votantes do PP son contrarios á reforma da lei do aborto. Quizais eses dados, fornezan de munición aos restantes partidos políticos á hora de esixir a retirada do polémico proxecto. PSdeG- PSOE e BNG coinciden en reclamar da Xunta de Galicia medidas que eviten que as galegas teñan que volver abortar a Portugal.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros