Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

Fotografía Soledad Felloza. Páxina www.manuelgago.org

Un visionario buscando sabores

Sociedade 20/11/2017
  Envía a túa opinión

A espectacular gastronomía de Santiago de Compostela xa adquiriu sona na Edade Media. A variedade da súa oferta culinaria é espectacular, pero hoxe detémonos nun dos nosos preferidos. Un visionario, un innovador, sempre buscando sabores, preparacións e sorpresas a partir dunha materia prima de máxima calidade. Marcelo Tejedor fálanos de gastronomía e de hostelería.


Coellos con cogumelos

Coello con cogumelos, unha proposta diferente

Cultura 06/09/2014
 23 comentario/s - Envía a túa opinión

O chef Adrián González recoméndanos Coello con cogumelos, un prato diferente, rico, enerxético, saudable e moi apropiado para a época do outono que se achega. Fainos falla un coello en pezas, unha bandexa de cogumelos, 1 cabeza de allos, 1 folla de loureiro, 2 vasos de viño branco e 1 fondo escuro.


Imaxe da campaña de TAC

A todo gas

Sociedade 20/02/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), Pepe Solla e os Viños da D.Ou. Monterrei presentan o espectáculo A todo gas¡¡¡, o vindeiro sábado 22 de febreiro ás 12.00 h, presentarase nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Un espectáculo sen precedentes no que a gastronomía, o viño, a música e as clásicas motos Harley-Davidson participan na representación escénica de "Parellas desconcertantes".


O rustrido `cómese só´

Sociedade 14/02/2014
 18 comentario/s - Envía a túa opinión

O rustrido é a base da cociña, o que lles da sabor aos pratos. Así opina o xove cociñeiro galego, na actualidade traballando en Tenerife, Adrián González Pico, quen guía as nosas mans nos fogóns. A frase "cómese só" é del. Productos da horta, aceite de oliva, sal e pementa, é todo canto precisamos para un bon rustrido. Entre as verduras: allo, cebola, porro, pementos e tomates, e caben mais. Iso sí, picadas moi miudiñas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros