Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Con nome de muller

“Se as vacas falaran” (TVG, 22:20 h.)

Sociedade 02/10/2012
  Envía a túa opinión

A anécdota puidera parecer desas apócrifas, unha lenda desas que engorda sen saber moi ben como, ao igual que os lagartos convertidos en crocodilos que disque habitan nos sumidoiros das cidades, e que calquera noite se nos aparece á volta dunha curva nunha estrada comarcal. Mais non, está documentada e así foi recollida pola prensa convocada para a ocasión, como sempre que algún candidato en campaña quere descabalgar do coche para mesturarse co electorado. O protagonista daquela aínda era aspirante, e cómpre valorar que chegase á presidencia tras unha metedura de zoca que se estivésemos na India, onde verdadeiramente a vaca ten de obra o significado totémico que aquí só lle atribuímos de palabra, podería supor a caída en desgraza dun proxecto político enteiro.


O imposible

“Tu cara me suena” (Antena 3, 22:30 h.)

Sociedade 01/10/2012
  Envía a túa opinión

Nin comendo peyote acompañado dun xamán, nin rescatando a Jim Morrison do cemiterio de Père-Lachaise para que nos acompañe nunha viaxe de LSD. O noso cerebro ten límites, hai portas de percepción que non podemos atravesar se non queremos que salten polos aires os miolos. Á misteriosa orixe de todas as cousas só podemos chegar por aproximación. Ao cabo, non hai tanta diferenza entre os experimentos co acelerador de partículas do CERN e os xogos infantís nos que os cativos, postos a insultarse, chámanse parvos un número infinito de veces até que un deles, apostando polo alto, remata o duelo invocando algo tan inasumible como “infinito máis un”. Pois se existe esa fronteira, esa beira do entendemento que transcende a capacidade do noso modesto cerebro, iso que nunha película de próxima estrea presentan como “o imposible”, iso asoma esta noite no retorno á grella do programa “Tu cara me suena”, outro show de talentos no que son famosos os que se disfrazan doutros famosos para facer números musicais.


Mad Max no Aeroporto de Castellón

“Callejeros: A estrenar” (Cuatro, 23:15 h.)

Sociedade 28/09/2012
  Envía a túa opinión

O día que o curmán do Katrina chegue para arrasarnos, os coruñeses sobreviviremos. En Nova Orleáns os superviventes atoparon acubillo no estadio cuberto de fútbol americano do equipo local que, moi apropiadamente, atende ao nome de “Os Santos”.A Lendoiro non lle deixan cubrir Riazor, pero tanto nos ten. Contamos cun catálogo infinito de grandes centros comerciais nos que non só fornecernos de abeiro fronte ao dioivo, senón tamén de víveres e todo tipo de bens de consumo para soportar o tedio do peche forzoso. Nas grandes áreas de compras cabemos todos os fillos de Pita e aínda nos dá para acoller a algún estranxeiro chegado de alén de Culleredo. Así que a todos os que critican que non hai siso ningún en erixir unha mole para o consumo tras outra en tempo de crise económica; aos que sosteñen que pasear pola maioría deles é como facelo por unha escena do filme de zombis “Amencer dos mortos”, de tan baleiros como van ficando; aos que sosteñen á maneira do refrán que a abundancia non fai a barateza; a todos eles lles lembramos que as construcións desertas segue a ser útiles porque, chegado o momento de necesidade, todo o diñeiro que perdemos en erixilas, haberémolo recuperar reciclándoas como búnkers. Ou iso quero pensar. E senón, sempre poderemos fuxir do desastre nos avións do aeroporto de Castellón.


Louis Prima: só un gigoló

“Conexión Samanta: Gigolós” (Cuatro, 00:15 h.)

Sociedade 27/09/2012
  Envía a túa opinión

Se nove de cada dez cancións son de amor é porque resulta moito máis sinxelo cantarlle a unha abstracción que a cousas, digamos, máis prosaicas. Hai, por exemplo, cancións ao traballo, pero non a todos os oficios. Elsa Baeza despachou moitos xuntos dunha soa vez cando glosou as funcións de navalla suíza do ollo celestial: “Creo en vos, arquitecto, ingeniero, artesano, carpintero, albañil y armador, creo en vos, constructor de pensamiento, de la música y del viento, de la paz y del amor”. Se facemos caso da súa crónica, Cristo pasou moito tempo buscando emprego nunha ETT, porque esa mobilidade laboral non a ten todo o mundo. Non foi xornalista, senón tamén tería algunha que outra balada. Hai unha longa lista de rockeiros cansos de fama e do acoso da prensa que, nun momento da súa carreira, collen unha guitarra para poñer pingando aos redactores que os persegue. Con tantas mozas como quedan ás que non lles dedican unha soa canción, estamos nós agora para andarnos queixando dun desprezo que podemos tomar por aprecio. Iso si: o oficio ao que mellor se lle ten cantado é o máis antigo do mundo. E aínda con todo, as rameiras do mundo enteiro teñen que aturar que a mellor cantiga do xénero sexa en homenaxe aos putos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros