Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

A pontesa Gema Buitrón, raíña do tiro con arco estatal

Deportes 04/02/2009
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

A arqueira das Pontes, Gema Buitrón, volveu escribir o seu nome na historia do tiro con arco galego, tras conseguir o ouro no Campionato de España sénior na modalidade de arco recurvo, celebrado esta fin de semana en Alicante. O obxectivo é agora clasificarse para asistir ao Mundial de Polonia. Esta deportista centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 04 de febreiro de 2009.


Sara Álvarez prepárase para o Gran Slam de París despois de proclamarse subcampioa estatal de judo

Deportes 03/02/2009
  Envía a túa opinión

O Coliseum da Coruña foi o escenario esta fin de semana da Fase Final do Campionato de España Absoluto de Judo que organizaron as federacións galega e estatal. O noso combinado, integrado por 25 deportistas, realizou unha meritoria actuación, aínda que tan só dous judokas galegos chegaron á final na xornada do domingo, alzándose coa prata, o vigués Miguel Romero e a lucense Sara Álvarez. Este campionato centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 03 de febreiro de 2009.


A ourensá Lorena Luaces bate o récord galego absoluto de marcha en ruta

Deportes 02/02/2009
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

Esta fin de semana celebrouse no circuíto dos Cantóns da Coruña o Campionato Galego de Marcha en Ruta. O tempo, un pouco desapacible, non impediu que a atleta ourensá Lorena Luaces batese o récord na categoría absoluta, que desde hai 11 anos posuía Laura Ferreiro. A deportista do Ourense Academia Postal percorreu 10 quilómetros nun crono de 47.11, superando a marca anterior de 47.38 que databa de 1998. Agora xa pensa no Campionato de España que se celebrará nun mes. Esta atleta centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 02 de febreiro de 2009.


O Tai Chi, un deporte apto para todas as idades, que proporciona equilibrio corporal e mental

Deportes 30/01/2009
  Envía a túa opinión

Naceu como unha técnica de defensa ante o adversario, pero hoxe utilízase para loitar contra as enfermidades. Falamos do Tai Chi, unha antiga arte marcial chinesa, actualmente reconvertida nunha especie de ximnasia para todos os públicos. Son moitos os beneficios na saúde que se lle atribúen. Citan entre os seus efectos positivos a mellora da circulación, hixiene cardiovascular, respiración, flexibilidade ou equilibrio. Este deporte centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 30 de xaneiro de 2009.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros