Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

As labregas galegas toman a palabra

Sociedade 23/01/2009
  Envía a túa opinión

O Pazo de Congreso de Santiago de Compostela acolle este domingo día 25 o II Encontro de Mulleres Rurais, posto en marcha por Fademur, asociación vinculada ao sindicato Unións Agrarias. O obxectivo da cita é reivindicar o papel da muller que vive e traballa no medio rural galego, un obxectivo que fixo propio o programa Onda Rural emitido o 23 de xaneiro de 2009. Para escoitar ese espazo radiofónico, que inclúe unha entrevista coa presidenta de Fademur Galicia


Máis de 250 firmas de maquinaria agrícola danse cita en Silleda

Sociedade 22/01/2009
  Envía a túa opinión

Unha vintena de países de procedencia, máis de 250 firmas expositoras, preto de 12000 metros cadrados de espazo. Estas son as cifras do IV Certame Internacional de Maquinaria de Forraxe, CIMAG 2009, que abriu hoxe as súas portas en Silleda. O programa Onda Rural achegouse á programación e obxectivos desta cita. Para escoitar este espazo radiofónico, emitido o 22 de xaneiro de 2009


Medio Rural inicia o estudo do pemento de Guláns para comprobar se é unha especie autóctona diferenciada

Sociedade 21/01/2009
  Envía a túa opinión

A Consellería do Medio Rural iniciou un estudo sobre o pemento de Guláns, que se produce na parroquia pontevedresa que lle dá nome. O Centro de Experimentación Agraria de Entenza puxo en marcha unha investigación que permitirá demostrar cientificamente se este pemento é unha variedade autóctona diferenciada. Radiofusión conversou sobre este asunto co director do centro, Xosé Manuel Rodríguez Bao, nun programa no que tamén se informou sobre a nova campaña de promoción de Ternera Gallega. Para acceder a eses contidos, correspondestes ao Onda Rural emitido o 21 de xaneiro de 2009

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros