Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Alén Orión teñen TDT

“Blade Runner: a versión do director” (TVG2, 22:50 h.)

Cultura 06/02/2012
  Envía a túa opinión

Non me conto entre os fans do Boss, non por contrariar, senón porque a capacidade de filiación é limitada e un non pode con todo. Así que a min non me colleron nas avalanchas do Monte do Gozo aquel día no que unha reunión de cuarentóns case remata convertida no Woodstock galego por un tema de inflación de billetes para o concerto. Con todo, aprecio cancións soltas de Bruce Springsteen, dende esa balada doce aos ollos tristes que Enrique Iglesias despoxou de toda a testosterona que a facía especial na voz do nacido nos Estados Unidos, até esa labazada de adrenalina que é o “Born to run”. O que non entendo é como se me quedou pegada unha canción menor como “57 channels”, pero o certo é que aí segue Springsteen murmurando como o primeiro día iso de “57 canais e non poñen nada”, unha frase que sempre me acorda cando penso na TDT en España. 


Dolce vita

“#laSextaColumna: Resacón en Levante” (La Sexta, 21:30 h.)

Sociedade 03/02/2012
  Envía a túa opinión

Se no mundo houbese xustiza, Lucía Pérez seguiría sen gañar Eurovisión pero podería vivir un millonario retiro no Incio, gozando dos miles de millóns de euros que lle reportarían os royalties producidos con cada interpretación do himno de España. Porque se no mundo, ademais de xustiza, houbese sentido común, “Que me quiten lo bailao” sería o único e verdadeiro tema de identificación patriótica, o mesmo que, mentres a cámara pasea a altura das facianas dos futbolistas cando soan as músicas nacionais antes dun partido importante, Sergio Ramos bailaría a ritmo de samba como fai un verdadeiro xogador do Madrid cando marca un gol. Acabaríase esa impostura absurda dos deportistas ollando ao ceo e á bandeira mentres inflaman o peito con responsabilidade. Porque o único que en España pode mirar ao ceo, e non só iso, senón facerlle unha chiscadela ao propio deus tras librarse de condena é Francisco Camps. E a el, abofé que non lle quitan “o bailao”.


A vida pode ser marabillosa

“Cine: La vida de Brian” (La 2, 22 h.)

Cultura 02/02/2012
  Envía a túa opinión

Tampouco é cuestión de andar cargando sempre contra o cristianismo que, así como edificou unha vasta igrexa a partir dunha única pedra, tamén se presenta como o alicerce de boa parte da cultura occidental e as súas tradicións, algunhas boas, outras peores. Cristiá é a caridade, pero tamén a resignación e é se cadra por este último tipo de carácter que vagamos hoxe penando dóciles fronte ao uso e abuso que exercen os que, mesmo presumindo de devotos, non aman ao seu próximo. Resignados asistimos a un exercicio de mortificación no que o despotismo financeiro flaxela o  benestar social e, por máis que fose concibida como parodia, a nosa situación aseméllase máis do aconsellable á dos mártires crucificados ao final de “La vida de Brian”, os mesmos que, torrados ao sol e torturadas as súas extremidades, asubiaban contritos iso de que “sempre hai que mirar o lado brillante da vida”.


E=mc2

“Comando Actualidad: Aquí sí que hace frío” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 01/02/2012
  Envía a túa opinión

Poida que os de siso limitado non sexamos quen de interpretar en todo o seu vasto significado a teoría da relatividade, pero si entendemos moi ben cando algo é relativo. E se hai algún concepto para o cal o ser humano non é quen de fixar unha única medida universal de referencia, ese é o frío. Hai probas abondas das dificultades que padecemos para chegar a un consenso arredor do que pode estremecer e do que non, por moito que o termómetro se queira presentar como unha regra fiable. Porque xa pode o mercurio dicir misa que a temperatura nunca a senten igual a nai que abriga e o fillo que se resigna a vestir como o boneco de Michelín; tampouco o que camiña con bufanda e luvas polo paseo marítimo e os xubilados en tanga que demostran a insensibilidade da carne amolecida ao rigor xélido do mar. Hai homes que, pechados nunha cámara frigorífica con Scarlett Johansson, xurarían que ese lugar no que Rocky Balboa castigaba o fígado das pobres vacas esfoladas é en verdade unha calorosa sucursal do Caribe.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros