Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

O Tai Chi, un deporte apto para todas as idades, que proporciona equilibrio corporal e mental

Deportes 30/01/2009
  Envía a túa opinión

Naceu como unha técnica de defensa ante o adversario, pero hoxe utilízase para loitar contra as enfermidades. Falamos do Tai Chi, unha antiga arte marcial chinesa, actualmente reconvertida nunha especie de ximnasia para todos os públicos. Son moitos os beneficios na saúde que se lle atribúen. Citan entre os seus efectos positivos a mellora da circulación, hixiene cardiovascular, respiración, flexibilidade ou equilibrio. Este deporte centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 30 de xaneiro de 2009.


Deporte e posta en escena chegan a Galicia de man dos \\

Deportes 29/01/2009
  Envía a túa opinión

Unha mestura entre un acontecemento deportivo e un teatro sobre rodas. Así poderiamos definir unha nova modalidade da patinaxe artística que está a gañar adeptos na nosa terra, os grupos de show. A esencia dos grupos de show atópase reflectida no propio nome da modalidade. En primeiro lugar, trátase dunha formación de, cando menos, seis patinadores. E, en segundo lugar, non conta con ningún elemento obrigatorio porque se trata dun espectáculo. Os deportistas deben desenvolver sobre a pista unha idea, apoiándose en aspectos como a técnica, a coreografía ou o vestiario, e tentar transmitir unha mensaxe ou unha emoción. Esta disciplina centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 29 de xaneiro de 2009.


Fran Gómez Pallas volve a Galicia despois de chegar, por terceiro ano, á meta do Dakar

Deportes 28/01/2009
  Envía a túa opinión

O piloto carballés, Fran Gómez Pallas, xa está de volta na casa despois de participar no seu sexto Dakar. Volve co principal reto cumprido, rematar as 14 etapas e chegar á meta, Bos Aires, no primeiro Dakar celebrado fóra de terreo africano. Non obstante, conseguir este obxectivo non foi nada fácil para o galego, quen na quinta etapa sufriu unha fractura no pulso esquerdo o que lle fixo perder posicións. O piloto centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 28 de xaneiro de 2009.


O Xacobeo Galicia aspira a unha invitación do Giro e mesmo do Tour de Francia

Deportes 27/01/2009
  Envía a túa opinión

O Xacobeo Galicia vén de presentar o seu terceiro proxecto para o ciclismo internacional, que se asenta en toda a ilusión inicial e as bases que se foron colocando desde mediados de 2006, momento do seu arranque, e coas que gaña un punto substancial de madurez, que lle permite saír cunhas ambicións deportivas moi altas. Aspiran "ao podio da Volta a España, sen renunciar a ningún banzo", segundo comentou o director deportivo do equipo, Álvaro Pino. O Xacobeo Galicia centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 27 de xaneiro de 2009.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros