Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O roteiro literario para na Praza do Toural

Roteiros literarios por Compostela no Día da Biblioteca

Sociedade 24/10/2012
  Envía a túa opinión

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de poñer en marcha unha aplicación virtual que permite percorrer a capital de Galicia desde unha dimensión literaria e que está  dispoñible desde hoxe no portal web da Rede de Bibliotecas de Galicia (www.rbgalicia.xunta.es/santiago). Roteiros literarios por Compostela é o nome deste proxecto que convida á cidadanía a ler en galego, ao tempo que amosa a cidade compostelá a través de fragmentos de obras de referencia da novela negra en galego que teñen como escenario a capital de Galicia.  A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela promoveu esta novidosa aplicación, que foi presentada esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no marco da celebración do Día da Biblioteca e nun acto no que estivo acompañado pola directora da biblioteca, Carina Fernández, e mais por Antonio José Rodríguez, representante da empresa Imasv, que desenvolveu a aplicación.


Mo Yan

Gañar non representa nada

Cultura 12/10/2012
  Envía a túa opinión

Gañar non representa nada. Continuarei traballando duro, grazas a todos. As frases poden servir para os candidatos ás eleccións autonómicas do Pais Vasco e Galicia que non obteñan resultados satisfactorios o domingo dia 21. Pero tamén valerán para os que venzan, porque relativizan o valor da vitoria e expoñen o desexo de continuar esforzandose.  Esas palabras pronunciounas o Nobel de Literatura.


O festival Galicreques desenvólvese ata o 7 de outubro

Os monicreques invaden Santiago

Cultura 30/09/2012
  Envía a túa opinión

Máis de 40 funcións ofrece o XVII Festival Internacional de Títeres Galicreques, que se desenvolve ata o 7 de outubro en distintos escenarios de Santiago de Compostela. A Xanela do Maxín, Monicreques Cachirulo, El Retrete de Dorian Grey e Galitoon son as catro compañías galegas que amosarán as súas distintas propostas e técnicas nesta cita. Compartirán carteleira con outras 12 formacións de fóra de Galicia, seis delas procedentes doutros puntos de España (Euskadi, Asturias, Madrid, Valencia e Aragón) e as outras seis chegadas de Arxentina, Polonia, Portugal e Cuba. Ademais de representacións, o evento -organizado por Cachirulo- propón un programa de actividades paralelas no que se inclúen obradoiros, exposicións e mesas redondas. 


Cartaz da campaña

A Mesa anima a “votar en galego”

Sociedade 29/09/2012
  Envía a túa opinión

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou unha campaña en que lembra “os principais ataques contra a lingua galega durante o goberno de Núñez Feijóo” como “razóns elocuentes de que este home non merece ser reelixido”. A vicepresidenta da Mesa, Susana Méndez, explicou que esta iniciativa estará conformada pola difusión “o máis masiva posíbel” de cartaces en que se sintetizan “algúns dos principais retrocesos para o noso idioma” por causa da Xunta, xa que “adianto non houbo ningún”. Ademais, A Mesa chama á cidadanía a que divulgue estes materiais a través das redes sociais, “para que non fique ningún recanto de Galiza ao que non chegue este material”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros