Envía a túa opinión
Primeira vítoria de Luisito no Racing e o conxunto de Ferrol que logra gañar a domicilio por primeira vez dende que comezou a liga. O partido era difícil pero finalmente os tres puntos no peto é o fundamental. O gol foi obra do capi Jonathan Martín de penalti no minuto 38 de partido. Luisito veu os últimos minutos do encontro dende a grada xa que foi expulsado con vermella directa. Tamén marchou Manuel Castiñeiras e os xogadores do Lugo Fernando Seoane e Pablo Ruíz. O partido era unha auténtica lameira pero un regreso destas características a Ferrol non se lembraba dende a temporada pasada.
Envía a túa opinión
A directiva do Capela informa que o encontro entre o Capela e o Perlío que se xogará o vindeiro domingo 22 de novembro celebrarase no campo municipal de Neda. A hora de comezo será ás 16.15 horas.
Envía a túa opinión
O Eume Deportivo logrou rabuñar un punto importantísimo do campo do Soneira ao empatar a un gol. “O peso do partido levouno o Soneira” declarou o míster do Eume en Radiofusión. Os locais ocupa a cuarta posición da liga provincial coruñesa e xogan un fútbol moi combinativo e con moita posesión de balón. “Traballamos moito” afirma Juan Fernández. O técnico mugardés opina que tiveron a fortuna do gol de Manu que finalmente lles deu o punto.
Envía a túa opinión
O Perlío gañou e goleou no municipal do Beco ao Cedeira. O equipo de Tito Dopico venceu por 0 a 3 con dous goles de Alberto Fornos que é o novo “pichichi” da categoría con 8 dianas. Fornos anotou o primeiro e o segundo dos tantos. Corrían os minutos 9 e 15 de partido. O terceiro tanto fenés logrouno Pelé no 44 do primeiro periodo. Con 0 a 3 chegouse ao descanso e na segunda metade o Cedeira non poido co Perlío que defendeu con moito orde o resultado e tivo, aínda, algunha ocasión para colocar máis terra por medio. Ao final tres puntos máis para o conxunto fenés que xa leva 27 puntos e colócase a cinco do San Pablo e o Valdoviño que ocupa a segunda e a terceira posición, respectivamente.