Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

O Kaiak Tudense faise cun novo éxito internacional

Deportes 26/01/2009
  Envía a túa opinión

O club Kaiak Tudense finalizou en terceiro lugar na Regata Internacional de Pas de Calais, disputada esta fin de semana en Francia. O Club de Tui, a pesar de acudir cun equipo moi reducido e con tan só dous piragüistas sénior, só se viu superado polo club local do Saint Laurent Blangy e o equipo nacional de Gran Bretaña. Este equipo centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 26 de xaneiro de 2009.


Os xogadores galegos de bolos celtas comezan en febreiro a súa intensa tempada

Deportes 23/01/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

A orixe dos bolos celtas é antiga. Os expertos din que naceu en Exipto e que, tempo despois, chegou á nosa terra da man deste pobo indoeuropeo. Na actualidade é un dos xogos tradicionais que se manteñen máis en forma. De feito, en Galicia máis dunha vintena de equipos e 300 deportistas forman parte da Federación Galega de Bolos. Esta modalidade de bolos centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 23 de xaneiro de 2009


Un ouro, dúas pratas e catro bronces para a selección galega nos Campionatos Estatais de Ciclocrós

Deportes 22/01/2009
  Envía a túa opinión

Un total de sete medallas trouxo para casa a Selección Galega de Ciclocrós, despois de participar a pasada fin de semana nuns duros e técnicos Campionatos de España, celebrados en Valladolid. Manuel Ojea conseguiu subir ao máis alto do podio en Máster 50, coa prata fíxose o combinado galego na proba de relevos e Luciano Carretero en sénior. O bronce foi para Davíd Rodríguez en Máster 30, María del Rocío Loureda en júnior feminino, Mauro González en Sub-23 e Pablo Rodríguez en Cadetes. O combinado galego centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 22 de xaneiro de 2009.


Álex Álvarez, todo un exemplo de superación vital e deportiva, que soña cun mundial paralímpico

Deportes 21/01/2009
  Envía a túa opinión

Unha discapacidade física non lle impediu ao ribeirense Álex Álvarez Vidal facer historia no Campionato Galego Absoluto de Taekwondo na categoría minimosca ao conseguir o bronce. Por iso, na súa teima de superarse día a día, Álex xa pensa no seu próximo reto, o Mundial Paralímpico que se celebará o 11 de xuño en Bakú, na capital de Azerbaiyán. De momento, a federación galega está facendo as xestións correspondentes. Despois será a española a que negocie coa internacional. Este deportista centrou o programa A BASE DO DEPORTE emitido o 21 de xaneiro de 2009. Preme para escoitar aquí esa reportaxe.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros