O atleta de Neda Jonathan Fernández gañou a XXXII edición da Memorial Adolfo Ros de atletismo. Logrou o mellor tempo (1,10,20) no percorrido dos 20 quilómetros 500 metros que bordean a ría de Ferrol. A meta situouse en San Valentín, ocupándose o Concello de Fene da organización coa colaboración de Ferrol, Narón e Neda. En segunda posición quedou Julen Basterretxea e en terceiro lugar chegou Fernando Lorenzo.
825 atletas inscribironse na Memorial Adolfo Ros que este domingo dará a volta á ria. A carreira sairá ás dez da mañá do polideportivo A Xunqueira de San Valentín, onde estará situada tamén a meta. Radio Fene Radiofusión retransmitirá a carreira ao igual que ven facendo tradicionalmente con esta proba atlética.
Derbi na Liga feminina de fútbol 8. Analisamos ese choque que se saldou co resultado Cultural Maniños 7- Perlío 0. Facémolo cos técnicos, Jorge Bello do Perlío e Fernando Aneiros, do C. Maniños. Ambos coinciden no esencial do choque, unha primeira parte moi igualada, na que o Perlío pelexou para facerse co encontro e na que ao Maniños custoulle moito aguantar o envite. Acabou a primeira parte cun 2-0 no marcador. O segundo gol encaixado polo equipo do Perlío xusto antes do descanso foi clave no que se viría despois.
Os de Pablo Mesa foron de menos a máis e o Maniños tuteou do lindo ao Barallobre. Ao descanso chegouse cun 4-0 e os do Ramo xa se desenchufaron. O Maniños quere poñer o seu selo nesta competición e onte domingo goleou 7-0 ao S.D.Barallobre nun derby local. Para o Barallobre menos mal que so é a segunda xornada da segunda fase da Liga da Segunda Galicia de fútbol.