Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Nevada no Cebreiro

Moito frío, xeadas e nevadas en Galicia este domingo

Sociedade 19/12/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha nova masa de aire polar continental deixará o domingo en Galicia importantes xeadas e temperaturas que poderían chegar a 10 graos baixo cero, segundo os pronósticos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Na madrugada que comeza ás 0 horas deste domingo día 20, o interior de Galicia podería rexistrar temperaturas de até menos 4 graos, que en zonas de montaña poderían descender até os 6 baixo cero ou mesmo aos menos 10 nalgúns puntos da xeografía autonómica, confirmou o experto de Meteogalicia Juan Taboada. As nevadas limitaránse á zona da Fonsagrada en Lugo.


Territorios do Sáhara occidental ocupados por Marruecos

Aminatou volve a casa

Sociedade 17/12/2009
  Envía a túa opinión

As 22,25 horas Aminatou Haidar saiu do Hospital de Arrecife onde permanecia ingresada na illa canaria de Lanzarote. "Moitas grazas. Parabéns para a sociedade civil, para a plataforma que me está apoiando, para os medios". "Esta é unha victoria para os dereitos humanos e para a causa saharaui" afirmou a activista quen indicou que abrazar aos seus fillos e á súa nai será o primeiro que faga ao chegar á capital do Sáhara.


A nova liña comenzará a funcionar en xuño do 2010

Cincocentos mil asentos a cinco euros

Sociedade 16/12/2009
  Envía a túa opinión

500.000 asentos dos avións da compañía Ryanair estan á venda na páxina web desta aerolínea de baixo custe a un prezo de cinco euros. A compañía lanzou no día de hoxe esta interesante oferta, coincidindo co anuncio da posta en marcha da nova ruta que Ryanair porá en funcionamento en xuño do vindeiro ano e que unirá as cidades de Santiago de Compostela e Málaga. A conexión terá unha frecuencia de catro vós semanales e se agarda que incremente o número de pasaxeiros de Lavacolla en 60.000.


As xornadas están organizadas pola fundación Carlos Casares

Catro experiencias galegas de internacionalización

Cultura 16/12/2009
  Envía a túa opinión

Tres empresas galegas pertencentes aos sectores textil, musical, vitivinícola e audiovisual, explicarán as súas experiencias de internacionalización das súas empresas no marco do foro de discusión “Galicia Internacional: Estratexias de difusión global dende a periferia” que se celebrará hoxe ás oito da tarde no Centro Social Caixanova de A Coruña. O obxectivo destas xornadas é abordar as estratexias de visibilización de actividades ou negocios de valor engadido nacidas en zonas periféricas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros