Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

24 hours shopping people

“Comando Actualidad: Abierto hasta en domingo” (La 1, 22 h.)

Sociedade 25/01/2012
  Envía a túa opinión

Eu non creo que a táctica lles vai funcionar ben. Se folleasen máis os libros de historia e menos os catálogos de Rolex e Bentley, os ministros e grandes empresarios poderían tomar nota da lección e, polo que puidera acontecer, axustar ben o nó da gravata para que lles chegase a camisa ao pescozo. Semella a todas luces que dende a caste dominante non hai xa reparo ningún, como se volvésemos ao Antigo Réxime, en condenar aos menos privilexiados ao embrutecemento e a pobreza. Mentres os medios que eles financian perseveran na aniquilación do pensamento crítico, os líderes da patronal permítense recriminarnos sen ambaxes que seica cobramos moito e traballamos pouco e agora debemos purgar a nosa culpa coa miseria e o sometemento laboral. A CEOE pode mexar por nós o que queira e os gobernos poden liberalizar os horarios comerciais para condenar ao pequeno tendeiro á lóxica do centro comercial, pero eu a última vez que souben dun fenómeno semellante foi cando Maria Antonieta, informada de que o pobo francés non tiña pan para comer, retrucou que comesen cruasáns. Despois, miña pobre, perdeu a cabeza.


Usuarios de Megaupload desesperados

“Versión española: Mentiras y gordas” (La 2, 22 h.)

Cultura 24/01/2012
  Envía a túa opinión

Imaxinámola en transo, a altas horas da noite, batendo como un martelo con violenta forza contra o teclado do ordenador, parindo dende o seu maxín aos dedos e destes ao papel o que daquela concibía como a obra mestra do momento. Sabía que habería rebentar a billeteira, xa fose a golpe de diálogos brillantes, xa fose polos abdominais e os peitos dos e das protagonistas, e abofé que o conseguiu. Non sabía que meses máis tarde levantaría o teléfono para atender unha chamada da Moncloa e, xa que non puido ser moza Almodóvar, si selo Zapatero. Foi a partir daquel momento cando o froito do seu talento pasou a ser tamén o do seu escarnio. Nunca tivéramos unha ministra que se consagrara escribindo sobre o fugaz sexo teenager nos retretes de discoteca. Pero claro, só agora sabemos que aquela noite, non era ela quen escribía, senón un arrebato profético que a posuíu. Porque as trolas e a gordura, isto é así, eran as do fundador de Megaupload, a némese da Lei Sinde feito reo polo FBI.


Reporterismo moi a fondo

“Conexión Samanta” (Cuatro, 00:15 h.)

Sociedade 23/01/2012
  Envía a túa opinión

Nese futuro distópico cara o que viaxamos irremediablemente como lemmings cara o cantil, mentres sacamos a roupa e o sentido común, teremos telexornais que nos alertarán con rostro severo cando se dea paso a unha nova puramente informativa, non anecdótica, e que conteña imaxes non grotescas: “Advertímoslles que as imaxes que veñen a continuación non van ferir a súa sensibilidade”. E con expresión de fastío pulsaremos o botón e buscaremos outra canle na que nos poidan violentar o espírito calmo con esa facilidade que algúns programas teñen para entremeterse en todo. Dentro desa escola xornalística que vende unha televisión máis real que a realidade, Samanta Villar gañou fama de reporteira intrépida capaz de botar 21 días o mesmo fumando canutos que rodando filmes porno. Agora métese igualmente no allo, pero en pequenas doses.


Adeus dende o cumio

“El documental: El Bulli, el último vals” (La 2, 22:10 h.)

Sociedade 20/01/2012
  Envía a túa opinión

Hai tres materias no mundo para as que o ser humano nace con coñecementos innatos, feito que lle permite opinar sobre o seu desempeño en calquera momento e situación. Unha delas é o xornalismo, se cadra aínda un oficio respectable en tempos pretéritos, hoxe unha poza de desprezo alleo dende que nas sociedades avanzadas se impuxo a alfabetización universal e todos sabemos, mal que ben, ler e xuntar letras. Outra é a cociña. Temos que comer acotío ou non poderíamos vivir para falar mal dos xornalistas, o cal nos capacita automaticamente para saber o que é boa ou mala cociña, así non comamos máis que ladrillos do oito. A terceira materia é o fútbol, do que todos coñecemos os seus misterios porque, ao cabo, é fútbol. Como o xornalismo é unha cousa moi triste e Mourinho aínda máis, imos falar de cociña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros