Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Ramón Villares presidente do CCG

O Consello da Cultura Galega creará un Museo das Migracións

Cultura 14/12/2009
  Envía a túa opinión

O presidente do Consello da Cultura Galega presentará o vindeiro xoves día 17 o “Informe do Consello da Cultura Galega-Arquivo da Emigración Galega” para a creación do Museo das Migracións. O documento daráse a coñecer no marco das xornadas ”A musealización das migracións: experiencias comparadas” que se celebrarán os días 16 e 17 na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, e na que van participar expertos de Portugal, Argentina, Brasil, Suecia e Alemaña.


Concentración este meiodia na Praza do Toural de Santiago de Compostela

Solidaridade con Aminetou en Santiago de Compostela

Sociedade 13/12/2009
  Envía a túa opinión

A forza de Aminetou Haidar xa logrou que a problemática do Sahara ocupe a axenda informativa en moitos paises. Leva 28 dias en folga de fame no aeroporto de Lanzarote, reclamando o seu dereito a volver a El Aaiun, de onde foi expulsada pola policía de Marruecos. A súa coraxe, o seu exemplo congregou este mediodia a centos de composteláns nunha concentración de solidaridade.


PSOE e BNG opóñense ao anteproxecto de lei eólica

Cánon ou participación pública no sector eólico

Sociedade 12/12/2009
  Envía a túa opinión

A actual Xunta de Galicia optou polo sistema de gravar cun cánon os novos proxectos eólicos, desbotando a participación pública nos parques que defendeu o goberno bipartito. O método do cánon ten un dificil encaixe xurídico, e agora conta coa coa oposición do sector dos muiños de vento.


Presentación da marcha en Santiago

Mudemos o sistema, non o clima

Sociedade 12/12/2009
  Envía a túa opinión

As rúas de Compostela encheránse na mañá do sábado de bicicletas armadas de chifres, bucinas e timbres que participarán nunha pedalada conmemorativa do Día de Acción Global contra o cambio climático. A marcha, que partirá ás doce da mañá da Alameda de Santiago, está promovida pola Rede Galega Anticapitalista, colectivo do que forman parte vinteoito asociacións e institucións de todo tipo. Queren reivindicar unha mudanza no sistema para que non mude o clima e faráno do xeito máis xusto para o planeta, dando pedaladas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros