Envía a túa opinión
¿Alguén cuestiona o fútbol do Perlío?. Pasen e vean. O equipo que adestra Tito Dopico lidera comodamente a clasificación xeral da Segunda Autonómica de Ferrolterra despois da súa importante vítoria do domingo nos Prados Vellos ante o “potente” Numancia de Ares. O equipo fenés gañou con autoridade e goleou a un Numancia de Ares que tamén estaba en todas as quinielas como favorito da competición. Os tres tantos de Alberto Fornos e o gol de Popi desequilibraron totalmente a un equipo que fixo augas en defensa.
Envía a túa opinión
O fútbol racha todas as normas escritas ou non escritas do mercado, incluso, as veces, tamén pasa por alto a tan nomeada “man invisible” de Adam Smith. O certo é que un rapaz formado na canteira de Ferrolterra soluciona os problemas do Racing de Ferrol neste inicio de temporada. Chámase Juan Martínez e ten calidade, talento e forza física. As solucións do Racing non proveñen de Francia, Andalucia ou Cataluña…..a mediciña está na canteira de Ferrolterra.
Envía a túa opinión
A Concelleria de Cultura e Deportes de Fene organiza duas rotas para disfrutar do outono e facer deporte ademáis de coñecer un pouco máis a nosa xeografía e o noso entorno. O sábado 24 celebrárase a primeira das marchas pola rota dos Cerqueiros en Monfero. A rota transcurre en Malló no “Monfero Rural”. Coa saída do Mosteiro de Monfero desvéndese polos Cerqueiros con vistas do encoro do Eume, desvéndese na Fraga do Monte Carboeiro rodeados de carballos e castiñeiros moi antergos ata chegar aos ameneiros preto da ribeira do Eume, logo de pasar por unha pequena fervenza, de novo subirase pola Fraga do Teixeiro logo baixase ata o encoro do Eume para volver a subir cara o mosteiro de Monfero. A segunda da rota é máis histórica entre os castelos de Naraío e Moeche.
Envía a túa opinión
As 20.00 horas nos locais da Solaina en Narón reunírase os clubs asociados de AFACO. A directiva informará sobre a situación da mútua dos futbolistas asi como da problemática creada trala impugnación da promoción dos segundos clasificados nos grupos da Segunda Autonómica de Fútbol de A Coruña. Tamén se ampliará información sobre o convenio asinado entre a Federación Galega de Fútbol e a Escola Universitario de Fisioterapia “Prevención e tratamento fisioterapéutico das lesións nocello-pé nos xogadores de fútbol”.