Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A Xunta e o Goberno arxentino asinaron un convenio de colaboración

As industrias culturais galegas e arxentinas estreitan lazos

Cultura 31/03/2012
  Envía a túa opinión

A Cidade da Cultura acollerá, a finais de xullo, o encontro PreMICA Europa, que achegará as industrias culturais galegas e arxentinas. A cita estruturarase arredor de accións formativas, roldas de negocio e exhibicións artísticas con participación de profesionais dos dous países. Unha das prioridades deste programa é impulsar o papel de Galicia e das súas empresas como porta de entrada en Europa dos produtos culturais arxentinos, ao tempo que se asentan as bases para a participación galega no MICA (Mercado de Industrias Culturales Argentinas) 2013.


Agustín Sánchez, gaiteiro

O marabino de Agustín Sánchez

Sociedade 10/03/2012
  Envía a túa opinión

O marabino é o nome co que se coñece aos habitantes e á fala do Noroeste de Venezuela, no estado de Zulia. Utilizan o “voseo” e palabras diferentes das usadas no resto do pais. O gaiteiro Agustín Sánchez denominou “Marabino” a unha das pezas compostas no seu último traballo.


A artista presenta en Santiago “Clave Bantu”

Aline Frazao acurta a distancia entre Galicia e Angola

Cultura 16/02/2012
  Envía a túa opinión

A angolana residente en Galicia Aline Frazao inaugura este xoves en Santiago o ciclo Intimo&Acústico. A artista presentará no Teatro Principal o seu disco Clave Bantu, no que combina os ritmos de raíz africana con influenzas que oscilan entre o jazz e música popular brasileira. Segundo contou nos micrófonos de Radiofusión, será unha cita moi especial, na que estará arroupada por músicos amigos. “Espero que sirva para dar un paso máis na ponte que se pode construír entre Angola e Galicia, dúas terras que están moi lonxe pero que teñen moito en común”, explica.


O rapeiro vigués saca o seu primeiro disco en seis anos

El Puto Coke: “O himno galego comparte métrica coa última xeración do rap”

Cultura 05/02/2012
  Envía a túa opinión

Tras seis anos dedicados case integramente á produción, El Puto Coke saca á rúa un novo disco como MC. Froito dunha dura experiencia persoal (o falecemento da súa nai) e da súa madurez como artista, o rapeiro vigués decide cambiar de alias e amosarse co seu propio nome. El Puto Coke presenta: Coke Céspedes titúlase un traballo marcado pola variedade musical e temática no que tanto se achega ao pop da man de Iván Ferreiro como demostra que o Himno Galego ten moito “flow”. Cando decidiu versionar versos como Que din os rumorosos decatouse de que tiñan a métrica propia da “última xeración do hip hop”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros