Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ai, se vistes meu amigo!

“Toledo” (Antena 3, 22 h.)

Cultura 10/01/2012
  Envía a túa opinión

Na representación histórica en cine e televisión, hai dúas correntes dominantes: a clásica de filmes como “Ivanhoe” e outras superproducións de Hollywood na que os devanceiros son un manual con pernas da boa educación e a hixiene; e a postmoderna, dun naturalismo porcallán, iniciada por “Excalibur” e continuada por “Alatriste”, “El reino de los cielos” ou todos eses filmes onde os habitantes de séculos precedentes ían dun a outro lado cheos de roña e co coitelo na man. Se temos en conta que “Toledo” é a grande aposta para o prime-time familiar dunha canle que presume de branca como Antena 3, podemos xa prognosticar que na corte de Afonso X O Sabio había xa desodorante roll-on, depilación láser e todos cantos afeites se precisen para amosar lustrosos aos guapos protagonistas que encarnarán os romances e aventuras dunha historia que leva oito séculos atrás no tempo os soños da alianza de civilizacións que concibira Rodríguez Zapatero non hai tanto, pero iso si, antes de que a urxencia da crise varrese as utopías.


Quen vixía os vixiantes?

“Cine: Watchmen” (La Sexta, 22.25 h.)

Cultura 09/01/2012
  Envía a túa opinión

Hai que gardarse moito do proselitismo. É un vicio común daqueles que se senten seguidores dun culto non maioritario e que, cando se deciden a pregoalo, con frecuencia se poñen estupendos. Eu recoñezo que a min cústame esforzo e podería esgotar a paciencia de calquera tentando facerlle ver o valor de quince minutos de gran fútbol do Deportivo fronte a toda unha xeira de éxitos e marabillas do Barcelona. Pero a afección éche así. Un aprende a morderse a lingua, pero aínda resulta infinitamente máis difícil en casos como o de “Watchmen”, para unha gran parte de xente unha película de superheroes con ínfulas filosóficas; para os que tiraron do fío, un cómic que inspirou o filme; e para os que sabíamos antes da banda deseñada, unha obra mestra dunha arte pouco considerada, e, moi detrás dela, unha boa longametraxe que respecta pero non pode ser porque non, e ademais é imposible, un acontecemento tan incomparable como a fonte orixinal.


Quen son os pailáns?

“Vacas, porcos e zapatos de tacón” (TVG, 22:10 h.)

Sociedade 05/01/2012
  Envía a túa opinión

Mira ti que presente nos foron traer na véspera de Reis. Hoxe, quen máis quen menos, olla para esa vitrina que ten súa nai na casa ateigada de louza branca e azul; pensa nos agasallos para a voda dos amigos, ese enxoval que se mercaba con certa fachenda de denominación de orixe galega, e case que ten que enxugar as bágoas. Marchou o Isaac, todo quisque se apunta á festa por aquilo do que dirán, e mañá cando o esquezamos haberá que botar contas e decatarse con arrepío de que cada vez quedan menos dos que pensaron en Galicia como unha posibilidade de futuro. Algunha prensa pasará a vergoña de abrir con titulares escritos en galego para a ocasión, máis por educación que por convicción, e seguiremos matinando sen moito proveito en que demo é Galicia. Dixo Díaz Pardo que “digan o que digan, como se non queren dicir nada, Galicia vai ser o que é”. Hai moitas historias que tentan retratala. A televisión pública estrea unha esta noite.


Nóos, si, pero sobre todo vós, Excelentísimo, vós

“Especial: El caso Urdangarín” (Telecinco, 00 h.)

Sociedade 04/01/2012
  Envía a túa opinión

Adiante. Pasen todos a bicarlle os pés a Jaime Peñafiel, desprezado e ridiculizado pola súa teimosía en gardar as esencias das casas reais europeas, refuxio dunha liña sanguínea que só se debe mesturar con plasma de semellante cor azul para conservar o avoengo, rancio, pero avoengo. E agora que? Quen tiña razón? Abondará un erro de Letizia Ortiz, tan só un, para que a Peñafiel, azoute de plebeos con ínfulas, o coloquen como xefe da Zarzuela plenipotenciario e reconduza unha situación inconcibible hai unha xeración. Treman as Mette-Marit, as Zorreguietas, as Middleton e os Daniel Westling, fuxan todos eles e os seus berces de pobre liñaxe do refuxio da monarquía. Arderán os pantalóns estreitos e estampados de Marichalar, fundiranse as medallas olímpicas de Urdangarín, e os Borbóns volverán aprender que a estirpe non se mestura con súbditos. Os amores rexios, Jaime o explicou, ou son impostos ou non serán.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros