Envía a túa opinión
O Baloncesto Ferrol venceu onte na Malata ao Xiria de Carballo por 63 a 52. Con esta vítoria os ferroláns colócanse na segunda posición detrás do Chantada que lidera a competición con tres partidos disputados e tres vítorias. Os homes de Félix Rámos levan duas vítorias e unha derrota. O máximo anotador dos locais foi Alex de la Vega con 18 puntos.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
O entusiasmo e a constancia dalgúns pais e nais por querer que os seus fillos sigan practicando a natación, levounos a formar o Club Natación Arroaz Fene. A entidade fundouse no pasado mes de xuño e xa se inscribiu no rexistro de asociacións deportivas da Xunta, na Federación Galega de Natación e no Concello de Fene.
Envía a túa opinión
A instalación do cesped artificial de Perlío remataráse a comezos do mes de novembro, se o tempo permite que os traballos continuen dacordo coas previsións. Asegurarónno así a Radiofusión fontes da dirección de obra.
Envía a túa opinión
O Subcomité de Competición acordou suspender cautelarmente aos xogadores da S.D.Barallobre Brage e Iván Martínez despois de ler a acta do partido entre o Barallobre e o Capela celebrado o domingo no Campo de O Ramo. O arbitro da contenda redactou un anexo a súa propia acta na que se ratifica dos argumentos desenvoltos no primeiro documento. O subcomité tamén acordou abrir un proceso informativo para esclarecer os feitos e esperan a comparecencia por escrito do Capela. A directiva da S.D.Barallobre presentará un novo escrito recurrindo a sanción cautelar dos xogadores e solicitando a revisión da acta e o seu anexo.