Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

2.0 Editora publica o texto de Askenazy, Coutrot, Orléan e Sterdyniak

Os “economistas aterrados” explican en galego as súas solucións á crise

Sociedade 22/01/2012
  Envía a túa opinión

Chega ás librarías galegas, da man de 2.0 Editora, Manifesto de economistas aterrados. Trátase dunha obra redactada en 2010 por un grupo de economistas –Philippe Askenazy, Thomas Coutrot, André Orléan e Henri Sterdyniak– que manifestaron sentirse aterrados ao evidenciar que, malia desfeita financeira, nada cambiara nos discursos a prol do liberalismo nin nas políticas económicas que, segundo eles, provocaran a crise máis grave do mundo desenvolvido desde o crash de 1929.


O grupo portugués, Melech Mechaya

O chapeu preto de Melech Mechaya

Sociedade 19/01/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Saudade portuguesa vs. explosión klezmer. A banda portuguesa co directo máis delirante presenta o primeiro videoclip do seu novo disco "Aqui em baixo tudo é simples".


“Sangue no ollo” é un dos primeiros títulos de Papilosante

Rinoceronte pon en marcha unha plataforma de autoedición

Sociedade 18/01/2012
  Envía a túa opinión

Rinoceronte Editora ofrece aos escritores interesados en autoeditar a súas obras unha nova plataforma, Papilosante. A principal diferenza con outros proxectos do sector é que os  títulos que se publiquen formarán parte dunha colección definida dentro dun selo xa existente e poderán chegar a todas as librarías galegas a través dun servizo de envío de novidades. “A raíz da xeneralización do servizo de impresión dixital baixo demanda son moitos os servizos de autoedición, así que cada un vai buscando o seu oco”, explica o responsable de Rinoceronte, Moisés Barcia, quen ten claro cal é o punto forte da iniciativa: “ofrecemos a posibilidade de distribuír os libros a través das súas canles tradicionais”.


A ICANN abriu o proceso de solicitude de novos dominios

Galicia quere existir en internet

Cultura 14/01/2012
  Envía a túa opinión

Aseguran os expertos na sociedade da información que aquilo que non está en internet non existe. Que exista Galicia é o reto que se marcaron desde a Asociación Puntogal. Levan máis de cinco anos traballando para que a lingua e a cultura do país teñan un identificador propio, o .gal, e agora ven o obxectivo máis preto. “As posibilidades de éxito son grandes”, asegurou en Radiofusión o vicepresidente do colectivo, Camilo Regueiro, logo de que a ICANN, a corporación que goberna os nomes da rede, abrira o proceso de solicitude de novos dominios, o primeiro dende 2004.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros