Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

De parte da nai de Mario Picazo: “Abrígate!”

“Climas extremos” (La 1, 00 h.)

Sociedade 03/01/2012
  Envía a túa opinión

Entre as profesións máis ingratas do mundo (todas elas, en calquera caso, moi afastadas da de sufrido condutor do Noitebús) están a de árbitro de fútbol e meteorólogo. Ambos os dous oficios comparten a responsabilidade de emitir un xuízo e a desgraza de velo sometido ao escrutinio de miles de persoas, cousa que, por exemplo, aos maxistrados da “dura lex, sed lex”, non lles pasa. Doentes de otite crónica polo moito que lles teñen que pitar os oídos, é deporte común desprezar a decisión do colexiado arredor do polémico penalti, ou do home do tempo sobre a probabilidade de trebóns. Digan o que digan, nunca acertarán porque -e levo moito tempo tentando encaixar este refrán- “nunca chove a gusto de todos”. E de tanto errar ou padecer a discrepancia allea, hai árbitros que tiran ao río e meteorólogos que, como Mario Picazo, acaban padecendo os peores rigores do clima. 


Non escoita o IPod, escoita a túa vida

“Cine: La vida de los otros” (La 2, 22 h.)

Sociedade 02/01/2012
  Envía a túa opinión

Sabe cando entro e saio da casa, como se levase un calendario das miñas actividades cotiás. Controla perfectamente que días marcho de festa e cales non. Leva informe polo miúdo de se estamos sós no edificio ou non, e de quen estivo onde e cando e que fixo. Cando leva días sen acurralarme no ascensor, fai todo o posible para, casualmente atoparme no portal ou ao dar a volta á esquina da miña rúa. Sabe ben do meu repertorio de mochilas para calcular por canto tempo vou estar fóra. Mesmo coñeceu á miña moza antes que a familia directa e trátaa cunha confianza que me fai sospeitar que leva outro rexistro semellante sobre as súas andainas. Viste abrigo gris e peiteado de hai 40 anos, vive soa e asexa polas fiestras. E ás veces nótolle un rotacismo no falar que non é propio da súa zona de orixe, o Ortegal, e si de Bavaria. Xa non sei se imaxino que me saúda “Herr Manuel”. Vaites, que estou certo que a miña veciña é un axente da Stasi que vai por libre malia a desaparición da RDA.


Discutindo sobre o mellor do ano

“Días de cine” (La 2, 23:55 h.)

Cultura 29/12/2011
  Envía a túa opinión

Eu podo asegurar que a finais do século XX era o máis moderno entre os meus coñecidos. Tiña a discografía completa dos Massive Attack moito antes de que Pérez Varela anunciase que virían a tocar ao Xacobeo canda os Cheminal Bronx “se se poñen a tiro”. Lía banda deseñada tamén antes de que fora lexítimo mercala a cara descuberta na Fnac. Fixen un celebrado traballo sobre “F for Fake” de Orson Welles relacionándoo cun conto de Borges. Éranche outros tempos. Sabía o que prestaba para fachendear e vivía confiado en que todo canto tiña que saber da produción cultural asomaba polo meu radar. Agora non. Chegou internet e desistín. É imposible levar conta de todo. O máis que podo facer para seguir na vangarda do gafapastismo e os hipsters é deixar bigote e nin a iso me atrevo xa. E esta semana é para min a peor de todo o ano. Descubrir as listas do mellor de 2011 para os medios de tendencias culturais e decatarse de que non coñeces da misa a media do que se estila é unha agonía para a miña terrible e contraditoria condición: a de “antigo moderno”. E xusto hoxe chega “Días de cine” coa súa lista. Outra vaca máis no millo. 


Fincher ten un talento así de grande

“Cine: Zodiac” (La 1, 22:15 h.)

Cultura 28/12/2011
  Envía a túa opinión

En 28 de decembro anda a xente moi susceptible, así que cómpre fiar moi fino, non sexa que a un o tomen de coña mariñeira. Porque por exemplo, pódeseche ocorrer comentar que na Televisión de Galicia pasan esta noite unha homenaxe a Juan Pardo e que de volta che respondan que non, que non estamos en 1987. E mira que son ganas de discutirlle a modernidade ao xenio de “Anduriña”, o mesmo que prognosticou hai tempo xa a realidade contemporánea da industria musical na era de internet co que podía ser o himno de Napster, MySpace, Spotify ou calquera outra maneira de escoitar nos tempos do bit: “Bravo por la música, bravo por tener la comunicación!”. Pero non, o Día dos Inocentes hai que poñerse máis serio ca nunca. Xa que logo, falemos de David Fincher.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros