Envía a túa opinión
A directiva da S.D.Barallobre presentará un escrito explicativo ao Comité Técnico de Arbitros de Ferrol sobre a actuación do colexiado Juan Salgado no partido entre o seu equipo e o Capela. O club considera que a redacción da acta arbitral non reflicte o acontecido no enfrentamento ligueiro.
Envía a túa opinión
Juan Veiga amosouse explícito no programa “Carrusel Volta á Ría”. O míster mugardés está pasando un mal momento. Onte empatou en Euskadi co Lemona nun partido que tiña amarrado pero no que finalmente perdeu dous puntos da vítoria. O míster falou para Radiofusión e afirmou que non están nada contentos co resultado despois do xogo visto. O Racing continúa sen gañar e leva 2 puntos acumulados.
Envía a túa opinión
Diego Rodríguez Ramos, un vello coñecido do Pote, volve de novo ao Maniños para defender a porta que deixou Roberto despois da súa fichaxe polo Ortigueira. Diego ven de cumplir a súa cuarta etapa no club fenés, como informa a páxina web da entidade deportiva. Formouse na canteira do Pote e marchou para o Galicia de Mugardos para xogar na categoría provincial. Despois volveu ao Maniños e militou durante tres temporadas para logo marchar ao S.D.Valdoviño.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
O Perlío lidera a Segunda Autonómica de Ferrolterra despois de gañar esta tarde na Barqueira ao Cebarca por 1 a 2. O líder, o Mugardos B, caeu no municipal do Beco ante o Cedeira por 4 a 1 e perdeu, provisionalmente, o liderato.