Preto de 200 remeiros se darán cita esta fin de semana en Ferrol para participar no XV Trofeo Internacional de Iolas “Cidade de Ferrol”. Anunciouno esta mañá a concelleira de Deportes, Susana Martinez Galdós durante a presentación do evento. Un acto no que a edil ferrolá estivo acompañada do presidente e delegado do Club de Remo San Felipe, Daniel Rodríguez e Jose Manuel Pazos, respectivamente, entidade organizadora deste torneo xunto coa Federación Galega de Remo e o Padroado de Deportes do Concello de Ferrol.
O Maniños feminino xoga contra o Narón. O encontro de fútbol celebraráse ás catro e media da tarde de mañá sábado no Cadaval. Trátase dun partido amigable de pretempada antes do inicio da Liga no mes de outubro. O equipo femenino de Futbol 8 do Maniños é un derroche de gañas e paixón por xogar, segundo afirma o seu adestrador, José Blanco.
Faltan 10 dias para que o fútbol de base plante á Federación. Se o órgano federativo non recúa coas novas fórmulas de cálculo da tarifa arbitral, o domingo 2 de outubro non haberá Ligas na Segunda e na Terceira Autonómica. O delegado da Federación na comarca Manuel Mesa, indicou esta mañá a Radio Fene que se continua á espera dunha comunicación do presidente. "Agardamos unha solución satisfactoria polo ben do fútbol comarcal", manifestou Mesa.
Unha ilusión desbordante amosan as integrantes do equipo de fútbol feminino do Maniños. O vindeiro sábado xogarán un novo partido de preparación da temporada diante do Narón. O equipo competirá na Liga de fútbol 8 que comezará o 9 de outubro. A máis nova conta con 14 anos, pero xa se apuntaron 20 rapazas e esta semana anuncian novas fichaxes.