Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

A Arroutada celebraráse no Coliseum

“Arroutada Party “ volverá convertir A Coruña no centro neurálxico dos internautas

Sociedade 17/09/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Falta menos dun mes para que se abran as portas do maratón informático pioneiro en Galicia Arroutada Party, que voltará a converter A Coruña no centro neurálxico dos internautas. A Asociación da Mocidade Informática Galega (AMIGA), responsable da organización, facilitará a conexión a Internet para unhas 1500 persoas ó longo dos catro días de outubro, do 9 ó 12, nos que se desenvolverá o citado maratón.


Cartaz desta II edición do Outono Gastronómico

As xornadas micolóxicas, unha das novidades da III edición do Outono Gastonómico

Sociedade 14/09/2009
  Envía a túa opinión

Máis de 100 casa rurais participan na III edición do Outono Gastronómico. Unha iniciativa dirixida a todos os galegos e galegas para coñecer o noso país e as posibilidades do turismo rural e da gastronomía outonal. O proxecto, organizado por Fegatur, Tour Galicia e a Consellaría de Turismo. arrinca mañá e desenvolverase ata o 15 de decembro.


Para José Daniel Fernández a pintura é unha necesidade

O pintor José Daniel Fernández Díaz presenta a súa obra na Casa de Galicia en Madrid

Sociedade 06/09/2009
  Envía a túa opinión

O vindeiro martes, 8 de setembro, ás 20:00 horas, inaugúrase a exposición de pintura "Eloxio da auga", de José Daniel Fernández Díaz na Casa de Galicia en Madrid. A mostra poderá visitarse ata o 2 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. A vida profesional de José Daniel Fernández discorre entre o mundo da ciencia, é licenciado en Bioloxía e profesor desta materia nun instituto, e o constante descubrimento do mundo da pintura, que é, segundo as súas palabras, “unha necesidade”.


Nenas vestidas de Meninas en Ferrol

O MOMA de Ferrol en Canido

Sociedade 05/09/2009
  Envía a túa opinión

As Meninas voltan a Canido. A iniciativa de arte na rúa buscaba reivindicar o histórico barrio ferrolán e protestar contra o abandono de numerosas vivendas e solares. Transformouse nunha orixinal idea de promoción que inclue pintura, fotografía, música e proxección de curtametraxes. O can do cadro de Velázquez, Laxeiro, Castelao ou Bello Piñeiro eran algunhas propostas dos viandantes para adicarlle este dia no 2010.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros