Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Así na Marvel como en Telecinco

“Rocío Dúrcal, volver a verte” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 27/12/2011
  Envía a túa opinión

Os verdadeiros seguidores dos filmes de superheroes saben que en cada un deles, así como facía Hitchcok nas súas películas, aparece sempre Stan Lee facendo un cameo, unha aparición especial, e espertando o sorriso dos coñecedores das aventuras orixinais en banda deseñada. Lee foi durante décadas o factótum de Marvel, a coñecida como casa das ideas, unha empresa que comprendeu como ninguén trala Segunda Guerra Mundial, onde residía a imaxinación e esperanza do mozo adolescente. Pendurado da arañeira de Spiderman, Stan Lee fixo da súa editorial un imperio e foi creando ou apropiándose dunha manchea de personaxes que en troques de restar protagonismo aos orixinais foron creando unha verdadeira escudaría de mitos que hoxe se fan celuloide e que se xuntarán na longametraxe “Os Vingadores”, o gran blockbuster de 2012. Pois ben, toda esta introdución para dicir que Paolo Vasile é o máis parecido que temos por aquí a Stan Lee. 


Liberade a Amedio!

“Marco” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 26/12/2011
  Envía a túa opinión

Da mesma maneira pola que ao contacto cun bebé nos retrotraemos de inmediato a un estadio anterior da nosa linguaxe e, por reflexos instalados no noso hipotálamo procedentes dunha vida de miles de anos atrás na que eramos primates, comezamos a cantaruxar sons inintelixibles para facer rir ao naipelo, da mesma maneira non podemos reprimir o sorriso perante os moniños. Son tan xeitosos, tan nós mesmos no espelido, pero tan salvaxemente riquiños cando, todo bola de peluxe, chimpan dun sitio para outro e reproducen case imperceptiblemente xestos e acenos que pensabamos humanos, demasiados humanos. Como non lle querer aos monetes! Como non adorar a Chita, a Copito de Neve, a King Kong, a Amedio, fiel compañeiro entre todos eles. Mais entre unha criatura simiesca encantadora e un neno pequeno, con gusto execrable, Antena 3 foi ficar cun raparigo loiro. 


Schindler cañí

“El ángel de Budapest” (La 1, 22.15 h.)

Sociedade 22/12/2011
  Envía a túa opinión

Interpreten estas palabras que seguen como fillas da xenreira, máis propias da miña desesperación que de min mesmo, porque escribilas non é senón a constatación de que os que enchouparon a camisa en cava foron outros e mentres eles incendian esta noite o seu ácido úrico cunha mariscada pagada con décimos de lotaría, eu teño que ficar na casa a pasmar diante da televisión. Desvalido pola fortuna como Segismundo, “ai miserento de min, ai infeliz”, haberei torturarme con algún drama. Postos a escoller, mellor que sexa algún que abre unha raiola á esperanza, xusto do tipo de “El ángel de Budapest”, a tv-movie que Televisión Española estrea esta noite.


O 22 é un día para enmarcar

“Comando Actualidad: Golpe de suerte” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 21/12/2011
  Envía a túa opinión

Hai unha guitarra Gretsch de cor verde, unha viaxe ao Nepal, un bono vitalicio de transporte público e o último videoxogo de Batman que agardan por min. As probabilidades de obter todas esas cousas xuntas non son tan remotas: unha entre 99.999, máis dende logo que as que teríamos se hai que confiar en que a xestión política e económica consigan o benestar e a riqueza universal nun sistema capitalista perfecto. Eu imaxino que ser agraciado co Gordo da Lotería da Nadal debe de ser algo moi semellante a que che caia unha maceta na cabeza: está para ti, non o buscas pero te atopa. Sucede de súpeto: agora estás consciente, agora perdiches o sentido; agora es mileurista, agora es cenmileurista e ingresas nun segundo o diñeiro que non conseguirías nin nun século de vida laboral de aforro absoluto. En poucas horas vanse meter na cama a durmir dous nenos de San Ildefonso aos que, cun pouco de sorte, voulles poñer un chalé con piscina que para si quixera unha amante rusa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros