Quedou en tablas o encontro amistoso que enfrentou onte nos Pinares ao Perlío e ao Barallobre. Un 3-3 figuraba no marcador ao final do encontro. O Barallobre chegou pletórico aos Pinares ata o punto de poñerse por diante no marcador con dous goles, en menos de 30 minutos. Carlos foi o autor do primeiro tanto do Barallobre.
A vicepresidenta da Deputación de A Coruña, María Faraldo, entregou onte a XXIII Copa Deputación ao Dorneda, que gañou ao Montañeros na tanda de penaltis.
A concelleira Martina Aneiros Barros, acompañada do presidente do Club Ciclista Ferrol, Juan Martinez Rey, presentou esta mañá a “XIV Marcha Ciclista a Ferrolterra”, evento patrocinado polo Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol que se celebrará o vindeiro sábado, día 27, e no que se prevé que se darán cita arredor dun centenar de participantes procedentes das catro provincias galegas, de Asturias e do norte de Portugal.
O areal de Doniños acollerá esta fin de semana, na xornada do sábado 27, o IX Campionato Internacional de Surfcasting “Cidade de Ferrol”. A proba comezará contra das 21 horas, logo da concentración e sorteo de postos que terá lugar unhas horas antes, e rematará en torno ás 9 da mañá. Unha hora máis tarde terá lugar a pesaxe das capturas. Haberá premios para as tres parellas mellor clasificadas, que en total se repartirán 2.800 euros e un trofeo para cadansúa.